Skip to Content

Secretaria

Información inicio de curso 22-23

Envíase como adxunto a Circular de inicio deste curso escolar. Nela aparece información moi importante que cómpre ler con detemento.

Recordamos que empezamos o venres día 9 de setembro de 09:20h a 14:20h.

SOLICITUDE DE COMEDOR E TRANSPORTE PARA O CURSO 2022/2023

Segundo a Orde do 12 de marzo de 2013 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, así como na Corrección de erros da mencionada Orde (Disp. Adic. Segunda, apartado 2),  o alumnado con garantía de permanencia no centro docente que non teña que formalizar matrícula, deberá manifestar expresamente mediante escrito dirixido a este ao longo do mes de abril de cada ano, que solicita utilizar os servizos complementarios de comedor e/ou transporte escolar.

 

Achegámoslles a solicitude de comedor e de transporte escolar para o vindeiro curso 2022/2023. Se están interesados, deben presentala no centro desde o 1 ata o 30 de abril.

 

As solicitudes terán que vir asinadas por calquera dos titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles. En ambos casos, será necesario presentar xunto coas solicitudes a resolución xudicial correspondente, agás en casos de violencia de xénero.

 

Poden entregalas por correo electrónico, polo alumnado ao titor/a ou na administración do centro solicitando cita previa no teléfono 881 880 447.

 

Lembren acompañar a solicitude coa copia da documentación que corresponda segundo o caso:

  •  Usuario de transporte escolar sen servizo a mediodía: É preciso entregar un certificado familiar do PADRÓN MUNICIPAL. Aquelas familias pertencentes ao Concello de Carral que autoricen ao centro educativo a solicitalo non terán que entregar nada.
  • Usuario en situación socioeconómica desfavorable: INFORME dos Servizos Sociais do Concello.
  •  Usuario cunha discapacidade igual ou superior ao 33%: CERTIFICADO de minusvalía. Familias numerosas: TÍTULO DE FAMILIA NUMEROSA.
  • Se os pais traballan e non teñen horarios compatibles coa saída do alumnado: CERTIFICADO de horario con selo e asinado pola empresa.
  • TRABALLADORES AUTÓNOMOS: CERTIFICADO de alta e último recibo aboado.
Distribuir contenido


by Dr. Radut