Skip to Content

Presentación E-Dixgal, Equipo do alumnado, Soporte Técnico

Soporte Técnico

Para resolver calquer incidencia relacionada co proxecto así coma para ofrecer un servizo de xestión de incidencias a nivel técnico, a Consellería de Educación dota os centros co denominado Servizo Premium, que está a dispor daqueles usuarios de equipos Abalar-E-Dixgal. Toda a información sobre como se xestionan estas incidencias podemos consultala no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/e-dixgal/soporte

Equipo do alumnado

Cada alumno/a disporá dun equipo para traballar na aula e na casa (mediante acordo de cesión). Este equipo está dotado coa maqueta Abalar/E-Dixgal que trae configurada o software libre necesario para a implementación dos contidos dixitais.

Todo o alumnado participante dispón dun Lenovo ThinkPad Yoga 11e 5Th G, que pode ser utilizado tanto en modo portátil como en modo tableta.

Os equipos son táctiles e traen integradas un amplo conxunto de aplicacións educativas agrupadas por categorías como imaxes en 3D de planetas, táboa periódica ou editor de moléculas para ciencias; dicionarios para as materias de lingua; apps de experimentos e circuitos eléctricos para física ou de operacións e gráficas para matemáticas, programación con Scratch (materia de Libre Configuración de 6º de EP)... Dende o equipo pódese acceder ao entorno virtual de aprendizaxe (EVA), tanto en modo conectado (on-line), como en modo sen conexión (a través do cliente off-line instalado no equipo).

Presentación E-Dixgal

O alumnado do CEIP Vicente Otero Valcárcel ao pasar a 5º curso de Educación Primaria introdúcese no Plan de Innovación Educativa E-Dixgal consistente na utilización de libros e recursos dixitais por parte do alumnado e o profesorado. Os alumnos/as traballarán con libro dixital e equipo informático durante os cursos de 5º e 6º de Primaria. Toda a información para as familias pódese consultar no seguinte folleto.

 

Distribuir contenido


by Dr. Radut