Neste Blog recolleremos o traballos relacionados co Plurilingüismo e levados a cabo nas sesións de "Art".
Neste Blog recolleremos o traballos relacionados co Plurilingüismo e levados a cabo nas sesións de "Art".
May 2023
Continuamos descubrindo artistas e obras nas que se representan animais. As nenas e nenos de 1º están a preparar unha colaboración cunha protectora da zona, coa que imos aprender sobre cómo traballan e ver cómo podemos axudar e contribuír á súa labor. Descubrimos varios libros que teñen "dogs" como protagonistas, entre eles "Doggies", de Sandra Boynton.
Nel descubrimos diferentes formas de representar estos animais e decidimos investigar se había cadros nos que se representaran "dogs". Traballamos a partir desta presentación:
DOGS ART de Teacher Marta
April 2023
Seguimos a investigar obras de arte nas que aparecen animais. Descubrimos unha obra do artista Paul Klee a través desta historia
E a partir daí traballamos coa súa obra "The cat and the bird", falamos das cores que emprega, a simetría neste cadro, que querería representar co paxaro, emocións que nos transmite a obra... e, por suposto, fixemos as nosas propias versións!
PAUL KLEE CATS de Teacher Marta
March 2023
Coa chegada da primavera descubrimos un novo artista, SALVADOR DALÍ, e un novo estilo, O SURREALISMO.
Combinamos a súa obra "Elefantes" cun animal de primavera, os paxaros. Repasamos as cores cálidas e frías e ... A TRABALLAR!
springdalibirds de Teacher Marta
February 2023
As nenas e nenos de 1º visitamos a Casa dos peixes en Coruña e voltamos moi emocionados falando das diferentes especies mariñas que alí vimos. Aproveitamos entón para ir pouco a pouco incorporando o tema do PDI do cole nas nosas clases de Art, xa que este ano somos un "Cole Animal". Apoiamos o noso traballo tamén en algunhas lecturas que nos serviron de inspiración.
Empregando diferentes técnicas e materiais: debuxo, coloreado con ceras brandas, témperas, pinceis, tesoiras, collage... fomos pouco a pouco e en equipo, creando os nosos fondos mariños.
hoorayforfishoceans de Teacher Marta
February 2023
O pasado mes de febreiro, co gallo do Día do amor e a amizade (14 de febreiro), e dado que estabamos a traballar a familia en inglés, as nenas e nenos de 1º fixemos uns retratos das nosas familias ao estilo do ilustrador e autor Todd Parr.
Aquí tedes unha presentación explicativa da tarefa con imaxes dalgunhas das súas creacións.
weloveourfamilies de Teacher Marta
January ,2023
Co gallo do Día escolar da non violencia e a paz, coñecemos ao artista Picasso, autor, de entre moitas outras obras, do cadro "Guernica" e a varias versións de "Doves" ou pombas, que son símbolo da paz.
Dende o noso "Animal school", as nenas e nenosde 1ºB escollemos unha das súas pombas e convertimos as nosas caras en "Peace faces".
Peace Faces de Teacher Marta
Co gallo da conmemoración do Día Internacional do libro infantil e Xuvenil o pasado 2 de abril, as nenas e nenos de 5º e 6º traballamos a lectura e identificación de palabras clave en lingua estranxeira con descricións de portadas de libros sobre animais, así, descubrimos algúns dos títulos cos que contamos na biblioteca relacionados co noso PDI “Cole animal”.
Aproveitando a celebración anglosaxona da Pascua que descubrimos, entre otras cousas, co libro “We’re going on an egg Hunt”, saimos á procura de ovos que tivesen a imaxe da portada do libro que se describía nas nosas tarxetas.
January 2023
En xaneiro, co gallo do Día Escolar da non-violencia e a Paz traballamos con algúns dos libros do autor norteamericano Todd Parr. Ao mesmo tempo, repasamos as partes da cara así como os sentimentos e emocións en ingles.
FACES AND FEELINGS de Teacher Marta
Na seguinte imaxe interactiva atoparedes as lecturas coas que sempre comezamos as nosas "Art lessons". Sérvennos para inspirarnos, coñecer artistas, ilustradores, aprender novas palabras,...Picando nas imaxes pódense escoitar os contos.
Carral Big Artists Library de Teacher Marta
November 2022
En novembro descubrimos á artista xaponesa Yayoi Kusama, coñecida polas suas creacións artísticas cheas de puntos. Descubrimos que ademais de artista foi unha pioneira, xa que na súa época ás mulleres non lles era fácil adicarse ao que querían. Nin a súa familia a apoiaba., así que tivo que irse a New York e traballar durísimo para facerse un oco entre os grandes artistas. Traballou moi duro e conseguiuno!
Unha historia que inspira tanto coma a súa arte, que nos inspirou a facer as nosas propias "pumpkins" empregando o papel que pitaramos explorando as mesturas de cores. Debuxamos, cortamos, punteamos e montamos no fondo. Deixamos unhas imaxes do proceso e de como comezamos o noso "Artists Book", onde compilaremos información e retratos dalgúns dos artistas nos que nos inspiramos.
YAYOI KUSAMA PUMPKINS de Teacher Marta
October 2022
En Halloween iniciámonos no uso do pincel e traballamos con el diferentes tipos de liñas (zig-zag, wavy, straight, vertical, ...)
Tamén falamos, a partir dos contos "Where's my mummy?" "Ollie's lost kitten", das cores de Halloween (purple, orange, green, black...) as personaxes desta celebración e, máis concretamente, dos animais de Halloween, xa que este ano o noso cole é un "Cole Animal".
Decidimos entón engadir aos nosos fondos "Halloween animals" debuxados por nós, así son todos diferentes e únicos. Aí van algunhas imaxes do proceso e resultado.
HALLOWEEN ANIMALS de Teacher Marta
October 2022
O pasado outubro experimentamos con creacións en 3-D facendo "paper sculptures". Imaxinamos, pensamos coas mans, cortamos papel, doblamos, demos diferentes formas ao papel, buscamos a maneira de facer que se sostivese en pe sobre o plano, combinamos formas e cores e despois describimos as nosas creacións. Houbo moitos "parks", "nature", "colours", e máis...
Inspirámonos un pouco na obra do artista Alexander calder, ao que nos aproximamos a través do libro "Meet the artist. Alexander Calder"
October 2022
O pasado Outubro recibimos á nosa auxuliar de conversa dende Escocia, Caitlin. Antes de vir enviounos un puzzle coa súa foto. Empregándoo como inspiración fixemos retratos dela e con eles e co mural que resultou da nosa experimentación baseada en "Little blue and little yellow" montamos un cartel de benvida.
September 2022
Como artistas que somos, exploramos as cores. Para situarnos, coñecemos o conto "Little blue and little yellow", de Leo Leoni, da que vos deixemos unha animación a continuación.
A partir desta historia falamos dos PRIMARY COLOURS (RED, YELLOW, BLUE) and SECONDARY COLOURS. E experimentamos nós mesmos con "little dots of yellow" and "little dots of blue".
E aproveitamos a nosa experimentación coas cores para facer un mural que pronto vos ensinaremos.
September, 2022
Comezamos a nosa andaina como colexio plurilingüe introducindo a Educación Plástica e Visual en inglés no 1º nivel de Ed. Primaria.
Descubrimos o conto "BE BIG", de Katie Kizer. E nel acompañamos a Beatrice no seu primeiro día de colexio en 1º de primaria.
Inspirados por ela e a súa valentía, fixemos uns autorretratos de nós mesmos en grande tamaño. Nós tamén nos sentimos "BIG", e así nos representamos: