Iniciar sesiónEventos
|
Escola de Nais e Pais (ENAPAS)"Xogo Libre e Acompañamento no Xogo"Enviado por admin o Mar, 22/11/2022 - 07:20
Prezadas familias:
Xa temos preparada a nosa seguinte ENAPA:
"Xogo Libre e Acompañamento no Xogo"
Será o próximo luns 28 de novembro de 2022, de 17:30 a 19h. Correrá a cargo de Aida Lorti, educadora e coach de familia, e Marta López, educadora social e asesora de materiais educativos.
Na charla trataremos aspectos básicos sobre: - Períodos evolutivos do xogo, - Tipos de Xogo, - Papel dx adultx, - Materiais de xogo.
Como xa comentamos o relatorio se realizará de xeito presencial, na aula de Enapas, a cal se accede pola porta esquerda do colexio e está no andar cuarto. Este ano non precisamos inscrición para poder asistir ao relatorio, a entrada será libre ata 40 persoas.
Tamén haberá un servizo de ludoteca que terá un custo de 4€ por peque e pagarase en efectivo á persoa que este na ludoteca, de precisar este servizo haberá que enviar un correo ao email da ANPA: anpa.ceip.valle.inclan.vigo@gmail.com
Agardamos vervos o luns día 28 de novembro. ( categories: )
ENAPA CONECTAR É EDUCAREnviado por admin o Mar, 08/03/2022 - 09:32
Xa temos preparada a nosa seguinte ENAPA. ( categories: )
AVISO IMPORTANTE. CAMBIO DE DATA NA ENAPA. Será o próximo VENRES 18 de febreiro de 2022, de 17:30 a 19:30.Enviado por admin o Mér, 09/02/2022 - 15:31
Correrá a cargo de Cristina Rodríguez Ramos, politóloga experta en políticas de igualdade e na prevención e intervención en violencia contra as mulleres. Actualmente está impartindo os Obradoiros de Igualdade con todo o alumnado do noso centro.
Imparte formación en igualdade e prevención das violencias machistas en distintos sectores sociais: asociacións, grupos profesionais (policía, empresariado, profesionais dos ámbitos sociais e educativos, monitorado de campamentos...), centros de ensino, ANPAS, estudantado...
É dinamizadora da Escola de Empoderamento da Casa das Mulleres, e comunicadora e relatora en distintas Xornadas e Conferencias sobre Igualdade e Violencias Machistas.
Na charla trataremos aspectos básicos sobre:
Como xa comentamos o relatorio se realizará de xeito virtual, a través da ferramenta web para conferencias en liña que pon a disposición dos Centros Educativos a Consellería de Educación, CISCO WEBEX. Precisamos inscrición para poder enviar o enlace a reunión. Así que se estades interesados/as non tendes máis que mandar un correo solicitando as claves de acceso.
Agradecemos difusión. ( categories: )
![]() |