ANPA

ANPA do CEIP Valle Inclán de Vigo

A Asociación de Nais e Pais (ANPA) do CEIP Valle Inclán é unha entidade sen ánimo de lucro á que poden asociarse voluntariamente as familias que teñen fillos/as matriculados/as no CEIP Valle Inclán de Vigo.

Na actualidade a ANPA é a encargada de xestionar os seguintes servizos:

  • A Aula Matinal:aberta de 07.30 h ata ás 09.00 h. Pódese facer uso deste servizo todos os días ou en días soltos.

 

  • O Comedor Escolar: este servizo comeza ás 14:00 h e remata ás 16:00 h, sendo posible recoller aos nenos e nenas a partires das 15.30 h. Pódese facer uso deste servizo todos os días ou en días soltos. Recordade que os/as becados/as deben asistir todos os días.

 

  • As Actividades Extraescolares:
    • NATACIÓN: os luns ou xoves de 16.00 h a 16:45 h na Piscina Municipal de Lavadores.
    • BALONMÁN: os mércores de 16:00 a 17:00 h nas intalacións do colexio.
    • MULTIDEPORTE: os xoves de 16:00 a 17:00 ou 17:30 h nas intalacións do colexio.

 

  • Talleres para familias que se realizan de xeito exporádico fóra do horario lectivo.

 

Animamos a todas as familias a que se fagan socios, tomando parte activa no Centro, e agradecemos o seu esforzo e dedicación.

 

Ademáis podedes visitar o noso facebook na seguinte dirección: 

https://es-es.facebook.com/anpa.ceip.valle.inclan.de.vigo/

 

Distribuir contido