Secretaría

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL 2023-24

Enviado por admin o Mar, 23/05/2023 - 06:37

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL 2023-24

Ábrese o prazo para adquirir axudas para libros e material para o curso 2023-24.

- Prazo de solicitude: do 20/5/2023 a 21/6/2023, incluídos.
- Convocatoria: ORDE do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio).
- Procedemento administrativo: ED330B.

- Este procedemento inclúe:
1. Fondo solidario de libros de texto en 3º, 4º, 5º e 6º de primaria.
2. Axudas para adquirir libros de texto en 1º e 2º de primaria.
3. Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado de primaria.

- Forma de presentación:

  • Electrónica: utilizando a aplicación Fondo Libros e presentando a solicitude na Sede Electrónica.
  • Presencial con asistencia da aplicación Fondo Libros: cubrindo os datos nesta aplicación, imprimindo os Anexos I e II producidos e presentándoos no centro.
  • Presencial manual: utilizando os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presentándoos no centro.

DOCUMENTACIÓN:

Tedes abaixo para descargar:
Orde do 10 de maio de 2023 (PDF)
Anexos I e II (PDF)

Ligazóns de interese:

Fondo Libros: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/
Sede electrónica: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

 

 

 

 

( categories: )

ADMISIÓN MATRICULA 2023-2024

Enviado por admin o Lun, 17/04/2023 - 06:45

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDAS CURSO 2023/24


Prezadas familias,

Xa están dispoñibles as listaxes definitivas de alumnado admitido para o curso 2023/24.

Podedes consultar as listaxes PRESENCIALMENTE no taboleiro interno do centro, ou TELEMÁTICAMENTE entrando na aplicación Admisión Alumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

A Orde do 21 de outubro de 2022, no artigo 36, indica que:

 “1. No caso de centros públicos, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.”

( categories: )

PORTAS ABERTAS 2023-2024

Enviado por admin o Mar, 17/01/2023 - 08:27

 

PREMEDE NA IMAXE PARA RESERVAR DATA NAS XORNADASD E PORTAS ABERTAS!!!

( categories: )
Distribuir contido