Faro da Escola

FARO DA ESCOLA

Dende o CEIP Valle-Inclán participamos no Proxecto 

 

Preme sobre a imaxe para obter máis información.

ACTO FARO DA ESCOLA 2020

O xoves unha representación da Comunidade Educativa do Valle-Inclán asistiu a un acto onde recolleu a distinción entregada por participar no Proxecto Faro da Escola. Ese evento foi a culminación deste proxecto anual no cal os rapaces se converten en periodistas que observan o seu mundo e intentan plasmalo sobre o papel. 

     

No seguinte enlace podedes acceder ao resumo fotográfico do acto máis a nova que o describe:

“EL FUTURO DEL PERIODÍSMO SE ESCRIBE DESDE LAS AULAS”

 

Este ano o proxecto tivo que reorganizarse debido a crise sanitaria e polo tanto o resultado final foi un xornal creado por todos os colexios participantes, onda cada un achegou un artigo que podedes ler pinchando sobre o título do mesmo:

“O CEIP VALLE-INCLÁN ENVIA 2.200 GRÚAS A HIROSHIMA”

 

Ademais, neste acto os nosos representantes tiveron a oportunidade de coincidir cunha antiga alumna, Carmela Silva, a cal nos dixo que estaría gustosa de facernos unha visita. 

 

TELE TRABALLO FARO DA ESCOLA

TELE TRABALLO FARO DA ESCOLA

Prezadas familias:

Dende o Faro da Escola piden que comuniquemos a todos as nosas familias o seguinte:

     Debido a parada polo Estado de Alarma, os/as de Faro de Vigo, van ir subindo a web de Faro da Escola vídeos de autores infantís, vídeos do CSIC e todo o que lles vaia xurdindo. Son propostas de actividades que lle propoñen aos vosos fillos e fillas para que fagan na casa. Hai recomendacións lectora, conta contos, retos, etc. Podedes acceder no seguinte enlace:

https://www.farodaescola.es/proyecto/5-edicion-faro-da-escola/

Nestas propostas poden participar todos os cursos.

A maiores dannos a oportunidade de que comentemos como estamos vivindo este confinamento. Podedes escribir unha reportaxe para o xornal e acompañalo con fotos e ou debuxos. 

Se alguén ten reportaxes para o xornal do cole, agradezo que os envíen ao correo do cole para poder ir montando o noso xornal. Tamén poden mandarse en formato doc ou odt, para que as profes os poidamos copiar e pasar as maquetas do Faro da Escola. Estes traballos serán en galego.

Por suposto que o/a que queira traballar directamente nas maquetas do Faro da Escola, aquí ten toda a información sobre o maquetero, así como o enlace para descargar o Scrybus. https://www.farodaescola.es/maquetero/

Tamén segue en marcha o suplemento semanal do Faro de Educación. Nesta mesma páxina atopamos as instrucións para que os nenos e as nenas que queiran  poidan ir enviando cousas para poder publicarllas.  Os traballos que queirades que se vaian publicando no suplemento semanal podedes mandalos ao enderezo electrónico do cole: ceip.valle.inclan.vigo@edu.xunta.gal 

     Calquera cousa xa sabedes onde estamos!

     Grazas pola vosa implicación.

 

Atentamente. O equipo de Faro da Escola.

Distribuir contido