O PROXECTO #obxectivo30dexaneiro RECIBE UN PREMIO ACCÉSIT

Hoxe estamos de parabéns posto que acabamos de coñecer que o proxecto #obxectivo30dexaneiro foi galardoado cunha mención honorífica (accésit) na 7ª edición dos Premios “Grandes Iniciativas” organizados pola Fundación Atresmedia e Fundación “la Caixa” coa participación da Universidade Internacional de Valencia e a Fundación Orange que recoñecen proxectos innovadores e de gran impacto no curso 2019-2020. Concretamente na categoría de Convivencia na aula.

 

Se pinchades no seguinte texto podedes ler a nota de prensa.

 

NOTA DE PRENSA

 

 

GRAZAS a todos os nenos e nenas e aos que colaborastes con nós.

É un orgullo dicir que este é un proxecto de toda a nosa comunidade educativa

AdxuntoTamaño
NP Ganadores 7ª edición GRANDES INICIATIVAS 180620.pdf835.31 KB