Blogues

FARO DA ESCOLA

Dende o CEIP Valle-Inclán participamos no Proxecto 

 

Preme sobre a imaxe para obter máis información.

CARTA ÁS FAMILIAS

 

Escola de nais e pais (ENAPAS) 

CEIP VALLE-INCLÁN, Vigo, 2021/2022

Vigo, 28 de outubro de 2021

Prezadas familias:
Xa fai dous cursos puxemos en marcha unhas ENAPAS dentro do Plan Anual

de Formación do Profesorado do noso centro, nun marco de
convivencia
e inclusión
como pilares fundamentais na construción da mellor educación
posible. As Escolas de Nais e Pais están definidas na
Lei de Convivencia Escolar
(Lei 4/2011) como un espazo de diálogo, coñecemento e debate para a
comunidade educativa.

Esta enmarcada dentro do Plan de Formación Permanente do Profesorado
(PFPP) do noso centro:
Espazos que educan.

Co fin de permitir a formación integral de toda a comunidade educativa nestas liñas de traballo.
As
charlas irán sobre esa temática
, convivencia e educación principalmente, pero a maiores poderán
incluírse outras vinculadas con entidades, asociacións, ...

Aquí tendes unha enquisa anónima para que poidades suxerir temáticas,

relatoras e relatores, etc. Agradecemos deixedes o contacto das

persoas que propoñades.

ENLACE AO FORMULARIO

A colaboración entre o Centro e a ANPA é fundamental para o seu desenvolvemento, así como a
asistencia
e participación de todas as familias
.
Este curso, e debido a situación derivada da pandemia da COVID-19, as
CHARLAS
SERÁN VIRTUAIS, A TRAVÉS DA APLICACIÓN CISCO WEBEX.

Teremos unha
ao mes dentro da PFPP financiada polo CFR (centro de Formación e
Recursos de Vigo) e, a maiores, outras que poidan xurdir dende o propio Centro, da colaboración coa ANPA, de diferentes asociacións,
etc... Polo que pode ser que algúns meses teñamos máis.

Podedes inscribirvos a nosa
LISTA DE DIFUSIÓN.

Deste xeito recibiredes no voso enderezo electrónico toda a información relativa as charlas, datas, relatoras/es etc.


Para poder inscribirse habería que mandar un correo electrónico á seguinte dirección: enapas.ceip.valle.inclan@gmail.com.

A inscrición será necesaria para poder recibir o enlace a reunión en CISCO WEBEX de cada charla.

Así que vos animamos a que asistades as nosas ENAPAS, xa que entre todos

e todas poderemos construír un centro mellor.


Atentamente, o equipo das ENAPAS do CEIP Valle-Inclán.

 

 

MERCADIÑO BENÉFICO A FAVOR DE “THE GREEN BELT MOVEMENT” EN ÁFRICA

OS/AS  PEQUENOS/AS COLIBRÍS ABREN O SEU MERCADIÑO BENÉFICO A FAVOR DE “THE GREEN BELT MOVEMENT” EN ÁFRICA.

Tras alcanzar o reto de 1.000 árbores conseguidas, cos que se pretenden reforestar os Montes de Vigo, os/as pequenos/as colibrís do CEIP Valle-Inclán abren un mercadiño solidario en beneficio de “THE  GREEN BELT MOVEMENT” que loita para promover a reforestación en África.

 

O mercadiño desenvolverase durante o xoves 17 e o venres 18 desta semana e durante o luns 21 de xuño, no que se regalarán árbores a todas as persoas que se acheguen ao centro e comprométanse a coidalas.  

Así mesmo haberá unha urna na que, quen queira, poderá deixar a súa doazón que se destinará en beneficio do “Movemento Cinto Verde de África”. 

O horario de apertura neses días será de 9:10-11:30 h. e de 12:20-13:40 h. 

 

Moitas grazas pola vosa participación.

VÍDEOS DO RETO CINTO VERDE

 Tráiler do proxecto:

 Reto Cinto Verde: 


Manifesto do Día da Paz:

A historia do Colibrí: 


 Wangari e as árbores da paz:

Canción do Colibrí: 

 

#OBXECTIVO5DEXUÑO. O MUNDO QUE QUEREMOS PROXECTO CINTO VERDE

O pasado 7 de xuño conmemoramos no centro o Día Mundial do Medio Ambiente, e orgullosas e orgullosos podemos afirmar que conseguimos o noso #obxectivo5dexuño.

Temos máis de 1.000 árbores listas para doar e conseguir plantar un auténtico cinto verde en Vigo como fixo Wangari Maathai en Quenia.

 

 Moitas grazas a todas as persoas que axudaron a cumprir este soño e aos convidados e convidadas, por compartir con nós un día tan especial. Xefe territorial, inspectora, Conselleiros de Educación e Medio Ambiente, Mancomunidade de Montes de Vigo, ANPA, FOANPAS, e como non, as nosas veciñas e amigas de Viveiros e Florería Flores, e a nosa asesora Araceli.

 

 

E non podemos rematar sen recoñecer o gran traballo dos protagonistas deste reto, os pequenos e pequenas colibrís do Valle-Inclán, profes e as familias. Sen o voso esforzo e dedicación isto non sería posible.

 

Tamén queremos recoñecer a implicación de particulares que vos sumastes a esta iniciativa.

 

Xunt@s conseguiremos o MUNDO QUE QUEREMOS.

 

Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, poden cambiar o mundo.

 

AQUÍ TENDES UNHA SELECCIÓN DE REPORTAXES DE PRENSA E TELEVISIÓN:

 

 

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2021

Celebramos este ano o DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021 coñecendo un pouco máis a XELA ARIAS e a súa obra.

Ademais, preparamos un FESTIVAL moi especial, gravado con todo o noso cariño. Pulsade na imaxe para acceder ao video:

         

 

Agardamos que vos guste!!

EXPOSICIÓN DE MAIOS 2021

Esta é a exposición dos nosos Maios!

Son moi fermosos. Grazas pola vosa colaboración!

 Maios 2021 CEIP Valle-Inclán (Vigo)

EXPOSICIÓN DE MAIOS 2021

ATENCIÓN, ATENCIÓN!


Despois do éxito da exposición de cabazas, chega… a EXPOSICIÓN DE MAIOS!!


Crea un Maio na túa casa! Podes seguir estes pasos que nos facilita o CEE Vilagarcía de Arousa. Trae o teu Maio ao cole os días 10 e 11 de Maio e desfrutaremos das vosas obras de arte!

 

#OBXECTIVO5DEXUÑO. O MUNDO QUE QUEREMOS RETO CINTO VERDE

Os nenos e nenas do CEIP Valle-Inclán traballamos para construír o mundo que queremos. Cada ano no Club de Convivencia propoñemos un reto.

Este ano temos claro que queremos traballar para que a crise do coronavirus non se volva a repetir e para elo debemos coidar o noso planeta. Por iso este ano inspirámonos na Premio Nobel da Paz Wangari Maathai e o seu cinto verde en África.

Nós queremos facer un cinto verde nos montes de Vigo, e tamén no noso cole. No patio queremos mudar unha pista de terra, que parece un deserto, por un lugar onde a fauna e flora vivan en paz. A primeira das árbores plantámola o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.

A maiores queremos crear un viveiro, como fixo Wangari, para coidar árbores e logo doalas. Queremos colaborar coa fundación Green Belt Movement en Quenia e a Mancomunidade de Montes de Vigo. Así como con calquera outra organización que se queira sumar ao noso pequeno cinto verde.

Temos de prazo ata o 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente. Para ese día soñamos con ter 1.000 pequenas árbores. O curso pasado queríamos 1.000 grúas, porque non este curso 1.000 árbores?

 

Para iso precisamos a vosa axuda: necesitamos sementes e brotes de árbores para poder coidar ata que estean preparadas e sexa o momento de levalas aos Montes de Vigo ou onde fagan falta.

Tamén precisamos terra, fertilizantes, macetas...

Axudádesnos a conseguir o noso reto? Facédenos chegar as vosas doazóns ao cole. Estaremos encantados e encantadas de recibilas e coidalas.

8 marzo: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA 2021

 #XERACIÓN IGUALDADE

Hoxe estamos aquí para celebrar O Día Internacional da Muller. Estamos aquí para pedir a igualdade entre homes e mulleres, para reflexionar, para festexar os avances e para loitar pola superación dos obstáculos.

Sabemos que isto só se pode conseguir coa educación. Xa dende pequenos e pequenas temos que ser conscientes da importancia que ten convivir nunha sociedade xusta. Onde os nenos e as nenas teñamos as mesmas oportunidades, independentemente do sexo de nacemento. Isto nós o temos claro, porque somos da XERACIÓN IGUALDADE.

Queremos facer como Wangari Maathai, co seu exército de mulleres sementeiras, que crían nelas mesmas e no que estaban facendo aínda que algúns homes lles dixeran que iso non era un traballo para mulleres.

As nenas e nenos deste colexio comprometémonos a traballar pola igualdade entre homes e mulleres alí onde vaiamos.

Seguiremos loitando para vivir nun mundo máis xusto onde todos teñamos as mesmas oportunidades.

Non vos esquezades que somos a XERACIÓN IGUALDADE: POLOS DEREITOS DAS MULLERES!

Seremos colibrís. Farémolo o mellor que poidamos.

 

Este curso centramos a conmemoración no tema da IGUALDADE NO TRABALLO tal e como se acordou no Club de Convivencia. 

Para elo a fixemos un experimento social e debatemos sobre as desigualdade no traballo en función do xénero.

 

Podemos afirmar orgullosas e orgullosos que os resultados amosaron que os nenos e as nenas do Valle-Inclán son unha xeración moi concienciada coa igualdade de xénero.

      

Distribuir contido