Blogues

CARTA ÁS FAMILIAS

 

Escola de nais e pais (ENAPAS) 

CEIP VALLE-INCLÁN, Vigo, 2021/2022

Vigo, 28 de outubro de 2021

Prezadas familias:
Xa fai dous cursos puxemos en marcha unhas ENAPAS dentro do Plan Anual

de Formación do Profesorado do noso centro, nun marco de
convivencia
e inclusión
como pilares fundamentais na construción da mellor educación
posible. As Escolas de Nais e Pais están definidas na
Lei de Convivencia Escolar
(Lei 4/2011) como un espazo de diálogo, coñecemento e debate para a
comunidade educativa.

Esta enmarcada dentro do Plan de Formación Permanente do Profesorado
(PFPP) do noso centro:
Espazos que educan.

Co fin de permitir a formación integral de toda a comunidade educativa nestas liñas de traballo.
As
charlas irán sobre esa temática
, convivencia e educación principalmente, pero a maiores poderán
incluírse outras vinculadas con entidades, asociacións, ...

Aquí tendes unha enquisa anónima para que poidades suxerir temáticas,

relatoras e relatores, etc. Agradecemos deixedes o contacto das

persoas que propoñades.

ENLACE AO FORMULARIO

A colaboración entre o Centro e a ANPA é fundamental para o seu desenvolvemento, así como a
asistencia
e participación de todas as familias
.
Este curso, e debido a situación derivada da pandemia da COVID-19, as
CHARLAS
SERÁN VIRTUAIS, A TRAVÉS DA APLICACIÓN CISCO WEBEX.

Teremos unha
ao mes dentro da PFPP financiada polo CFR (centro de Formación e
Recursos de Vigo) e, a maiores, outras que poidan xurdir dende o propio Centro, da colaboración coa ANPA, de diferentes asociacións,
etc... Polo que pode ser que algúns meses teñamos máis.

Podedes inscribirvos a nosa
LISTA DE DIFUSIÓN.

Deste xeito recibiredes no voso enderezo electrónico toda a información relativa as charlas, datas, relatoras/es etc.


Para poder inscribirse habería que mandar un correo electrónico á seguinte dirección: enapas.ceip.valle.inclan@gmail.com.

A inscrición será necesaria para poder recibir o enlace a reunión en CISCO WEBEX de cada charla.

Así que vos animamos a que asistades as nosas ENAPAS, xa que entre todos

e todas poderemos construír un centro mellor.


Atentamente, o equipo das ENAPAS do CEIP Valle-Inclán.

 

 

#OBXECTIVO5DEXUÑO. O MUNDO QUE QUEREMOS RETO CINTO VERDE

Os nenos e nenas do CEIP Valle-Inclán traballamos para construír o mundo que queremos. Cada ano no Club de Convivencia propoñemos un reto.

Este ano temos claro que queremos traballar para que a crise do coronavirus non se volva a repetir e para elo debemos coidar o noso planeta. Por iso este ano inspirámonos na Premio Nobel da Paz Wangari Maathai e o seu cinto verde en África.

Nós queremos facer un cinto verde nos montes de Vigo, e tamén no noso cole. No patio queremos mudar unha pista de terra, que parece un deserto, por un lugar onde a fauna e flora vivan en paz. A primeira das árbores plantámola o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.

A maiores queremos crear un viveiro, como fixo Wangari, para coidar árbores e logo doalas. Queremos colaborar coa fundación Green Belt Movement en Quenia e a Mancomunidade de Montes de Vigo. Así como con calquera outra organización que se queira sumar ao noso pequeno cinto verde.

Temos de prazo ata o 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente. Para ese día soñamos con ter 1.000 pequenas árbores. O curso pasado queríamos 1.000 grúas, porque non este curso 1.000 árbores?

 

Para iso precisamos a vosa axuda: necesitamos sementes e brotes de árbores para poder coidar ata que estean preparadas e sexa o momento de levalas aos Montes de Vigo ou onde fagan falta.

Tamén precisamos terra, fertilizantes, macetas...

Axudádesnos a conseguir o noso reto? Facédenos chegar as vosas doazóns ao cole. Estaremos encantados e encantadas de recibilas e coidalas.

SOMOS NOTICIA DE NOVO

Este ano volvemos ser noticia co novo Proxecto Cinto Verde #obxectivo5dexuño. Queremos conseguir 1000 árbores para plantar en Vigo. Queres saber máis? Descúbreo nas seguintes novas.

 

 

 

 

 

 

  

Necesidade de acudir co móbil

Distribuir contido