Inicio do Curso 2019 - 2020

Aquí estamos comezando un novo curso.

En primeiro lugar, queremos tranquilizar a tódalas familias do centro informando, tras conversa mantida cos representantes da anpa, que o comedor escolar comezará mañá con normalidade.

Asimesmo, queremos indicar que o transporte, á falta de dous días para o remate do prazo de renovación e solicitude de praza en precario, e tendo en conta que aínda se están a realizar matriculacións ao londo destes días, tamén funcionará con normalidade.

E unha vez, aclarado os temas que máis preocupación vos causaban estes días, informámosvos como se vai desenvolver o primeiro día de clase:

No edificio de educación infantil de 5º e 6º nivel de EI e os alumnos de 1º, 2º de EP entrarán pola porta principal, unha vez que os nenos transportados se atopen no centro. Bordearase as aulas do edificio pola parte esquerda e irán para a entrada do patio cuberto onde xa están marcadas as filas para poder acceder ao interior do centro.

Os nenos de Infantil colocaranse na fila correspondente ao color da súa aula (4 anos A cor: amarela; 4 anos B: cor azul; 5 anos A: cor verde e 5 anos b: cor laranxa).

Os alumnos de 3º curso terán que mirar, en primeiro lugar, no patio cuberto do edificio B de Primaria, en que curso están asignados e despois, 3º A e 3º B desprazaranse ao patio cuberto de Infantil onde os esperarán as súas titoras.

Os nenos de 3 anos que están no período de adaptación entrarán e sairán polas portas de aula que dan ao patio no edificio de infantil e que xa están marcadas coas cores (3 anos A: vermello e 3 anos B: rosa) das aulas nos escalóns de acceso.

No patio do  edificio de Eduación Primaria Estarán expostos os listados dos novos grupo de 3º e 5º.

Os alumnos de 6º, 4º e 2º de primaria entrarán de como facían de forma habitual no curso pasado.

Animo e bo comezo de curso para tod@s

Back to top