ABALARMOBIL

   

O colexio Valle-Inclán, conta coa ferramenta abalarMóbil. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

AbalarMóbil é unha aplicación que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet, e que permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos a través destes dispositivos.

As familias que descarguen abalarMóbil, entre outras, van poder dispoñer das seguintes funcionalidades:

  • ·         Acceder aos datos persoais
  • ·         Consultar as cualificacións
  • ·         Comprobar e xustificar as faltas de asistencia
  • ·         Consultar o apartado de faltas de conduta
  • ·         Solicitar, anular e consultar o estado dunha titoría
  • ·         Consultar os datos do centro educativo
  • ·         Consultar os avisos ou notificacións
  • ·         Consultar as incidencias
  • ·         Modificar o idioma da aplicación
  • ·         Contactar co servizo técnico

Pode tamén consultar a guía para as familias:

Anexo: guia-mobil-familias-galego.pdf

Tamaño 1.74 MB

 A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android). 

   

   

Por que me aparece unha mensaxe indicando que o meu teléfono non está asociado a ningún alumno?

  • Para poder acceder á aplicación abalarMóbil é preciso que o seu número de teléfono estea rexistrado na plataforma XADE (base de datos do centro educativo).
  • Para solucionar este problema, deberá acudir á secretaría do seu centro e solicitar que se actualicen os números de teléfono móbil na súa ficha como responsable do alumno.

Por que me aparece unha mensaxe indicando que existe máis de un usuario con ese número de teléfono?

  • O número de teléfono móbil que utilice para acceder á aplicación abalarMóbil soamente pode estar asociado a un usuario, é dicir, nin o alumno nin ningún outro responsable pode ter rexistrado ese mesmo número de teléfono.
  • Para solucionar este problema, deberá acudir á secretaría do seu centro educativo e solicitar que modifiquen os números de teléfono móbil que están asociados ao alumno e/ou aos responsables..

Que requisitos debe cumprir o meu contrasinal de usuario?

O contrasinal de usuario debe cumprir os seguintes requisitos:

  • Conter como mínimo 4 carácteres.
  • Non pode estar composto polo DNI nin o nome ou apelidos do propio usuario

 

Back to top