1º TRIMESTRE ED. MUSICAL

1. Semana 21/09

1. Cantiga de benvida

2. Exercicios rítmicos

Recordamos as figuras

Repasamos ritmos

Agora imos probar con este vídeo


3. Lectura de notas musicais

A escala musical


4. Escritura na libreta

Na libreta de pentagramas imos escribir a clave de sol e a escala. Aquí vos deixo un xogo para practicar a clave de sol nunha tableta ou móbil. (Pincha aquí)

5. Traballo para casa 

Esta semana na casa faredes esta ficha para repasar as notas mi e sol. Facédeo igual que vos expliquei en clase. Cando rematedes  poñede o voso nome e apelido, a vosa aula (3ºA, 3º B...) e lle dades a enviar (send). Así practicamos por se temos que traballar dende a casa e de paso repasades.

Recordade tocar un pouquiño a frauta para que non se vos esquezan as cancións do curso pasado: Rondín picotín