• INTERCAMBIO DE POSTAIS

    Chegou o Nadal e no Vales festexámolo por todo o alto dun xeito sustentable.

    As familias fixeron adornos con materiais de refugallo e o noso alumnado elaborou postais con materiais de refugallo para despois proceder a facer un intercambio e, trasladar así, os seus mellores desexos aos seus compañeiros e compañeiras.