• Novas

    Este é o espazo do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Francisco Vales Villamarín. Nel poderás atopar todas as actividades que se levarán a cabo neste curso 2021-22. Agardamos que nos visitedes frecuentemente. E non te esquezas, se queres contactar con Equipo de Dinamización da Lingua Galega, podes enviarnos un correo a valesvillamarinedlg@gmail.com

  • O VALES FALA

    ENTREVISTA: POLICÍA MUNICIPAL

    O alumnado de 6ºA entrevistou á policía municipal, que veu ao centro a realizar un curso de educación vial.

    ENTREVISTA: JOSÉ ALONSO

    Despois da lectura do conto "Nada de nada", na clase de 1ºA decidiron que querían ver moitos paxaros no noso patio. Pensaron que sería boa idea invitalos cun comedeiro, así que pediron axuda ás familias.

    José Alonso, o pai de Marta, ofreceuse a vir ao cole e facer non só un comedeiro, senón tamén dúas casetas para paxaros. Agora só queda ter paciencia e agardar a que os pardais se acheguen a comer.

    O alumnado de 1ºA aproveitou a súa visita para facerlle unha entrevista, contando coa axuda técnica do alumnado de 5ºA e 6ªD. Aquí tedes o resultado.

    ENTREVISTA: MIGUEL LÓPEZ "O HEMATOCRÍTICO"

    Entrevista ao autor Miguel López "O Hematocrítico".

    ENTREVISTA: ANTÍA OTERO

    O alumnado de 4ºB entrevista a poetisa Antía Otero.

    PODCAST: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

    O alumnado de 5ºA elaborou este podcast sobre o autor homenaxeado polas letras galegas deste ano, escoitade que chulada!

    ENTREVISTA: RAQUEL QUEIZÁS

    Hoxe Raquel Queizás veu a presentarnos o seu novo traballo para homenaxear a Florencio Delgado Gurriarán e prestouse a que lle fixeramos esta fabulosa entrevista. Grazas, Raquel!

    DÍGOCHO EU

    Estamos de noraboa! O alumnado de sexto presentou unha proposta para participar no concurso do Dígocho Eu e fomos seleccionados.

    Recibimos a visita do equipo de programa e gravamos un capítulo do Dígocho Eu con Esther Estévez. Este foi o resultado final.

    Pero non só iso, senón que tamén se prestaron para que lles fixeramos unha entrevista na nosa nova radio. Escoitade o  ben que o pasamos!

    Pero aquí non rematou esta aventura, senón que tamén fomos a entrega de premios que organizou o programa. Mirade que ben o pasamos!

    ENTREVISTA: ALCALDESA DE BETANZOS

    Para conmemorar o 8 de marzo "Día Internacional da Muller" o alumnado de 5º realizou unha entrevista á señora alcaldesa de Betanzos María Barral.

     Comezamos así a aventura da nosa radio escolar.

    O TEMPO ATMOSFÉRICO: XANEIRO

    Así nos conta Emma como foi o tempo armosférico no mes de Xaneiro.

    REFORMAMOS A BIBLIOTECA E COMENTAMOS A SÚA HISTORIA

    Na Biblioteca Vales de Leo e Mariña houbo moitos cambios. Por iso quixemos facer un percorrido polo traballo realizado dende os seus inicios. Seguro que moitos de vós recordades como era antes a biblioteca...

    Mais agora, hai diferentes novidades no mobiliario e a súa distribución e moitas, moitísimas novidades no fondo de libros. Os colaboradores e colaboradoras de 6º preséntanvos neste vídeo os diferentes recunchos da nosa nova BIBLIOTECA de primaria. Ao final do vídeo poderás escoitar o RAP DA BIBLIOTECA que fixeron hai anos outros colaboradores e outras colaboradoras.

    E non vos perdades que ben quedou a BIBLIOTECA de infantil. Aquí tendes aos vosos compañeiros e compañeiras presentándoa. FIXÉRONO DE MARABILLA!

    BO NADAL!

    O alumnado de 5ºE cantou con ilusión para desexarnos un bo Nadal!

    CONTO "O GALO TRAGANOCES"

    Grazas á rapazada de 1ºB podedes escoitar e ver unha adaptación con pictogramas do conto O GALO TRAGANOCES, de Roberto Mezquita e Bernardo Carvalho. De seguro que vos vai encantar!

    O TEMPO ATMOSFÉRICO: NOVEMBRO

    O tempo no mes de novembro contado polas nenas e nenos de 1º.

    QUE PERSONAXE CHE GUSTARÍA SER?

    O alumnado de 5ºE fálanos sobre que personaxe lles gustaría ser.

    O TEMPO ATMOSFÉRICO: OUTUBRO

     Ó longo do mes de outubro, as nenas e nenos de 1º recollemos diariamente o tempo atmosférico en Betanzos e, o finalizar o mes, elaboramos unha gráfica con todos os datos. Esta é a nosa primeira gráfica e o noso primeiro video, iremos mellorando!!.

    ABRIMOS A BIBLIOTECA DE LEO E MARIÑA

    Que ganas tiñamos de poder abrir as portas da biblioteca de Leo e Mariña! Este momento xa chegou e o profesorado pode reservar quenda para visitala. Veredes que está moi bonita e que é moi agradable estar nela.

    Cando veñades, tedes que seguir o Protocolo COVID e só vos queda gozar da lectura, da escritura e da vosa creativade.

    Se aínda non estades animados, escoitade aos vosos compañeiros e compañeiras de 5ºE,

    VENRES DE HISTORIASBIBLOFEIRAS