• Novas

    Este é o espazo do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Francisco Vales Villamarín. Nel poderás atopar todas as actividades que se levarán a cabo neste curso 2021-22. Agardamos que nos visitedes frecuentemente. E non te esquezas, se queres contactar con Equipo de Dinamización da Lingua Galega, podes enviarnos un correo a valesvillamarinedlg@gmail.com

  • OCIO E CULTURA

    AXENDA CULTUAL DO CONCELLO

    A axenda cultural do Concello inclúe unha actividade feita polos compañeiros e compañeiras de terceiro enmarcada no traballo de investigación do PDI "A TERRA" e que leva por título "O que o mar non quere levar".

    Noraboa pola exposición e polo traballo! Animádevos a visitala e a sacar as vosas propias conclusións.

    PROGRAMACIÓN DA AULA CEMIT

    Aquí vos achegamos a programación da Aula CeMIT por se é do voso interese.

    AS NOSAS LETRAS

    O Concello de Betanzos inicia o programa das Letras Galegas do ano 2022 co espectáculo de maxia "As nosas letras" do Mago Teto que terá lugar o vindeiro sábado 7 de maio ás 18:00 h na Aula Municipal de Cultura Xulio Cuns dentro do programa Lingua a escena da Rede cultural da Deputación da Coruña e programa das Letras Galegas.

    O Mago Teto levará a escena a recomposición das cantigas de Afonso X, descubrirá unha incrible espada enmeigada de Merlín e Familia, o espírito do mestre Castelao fará aparecer un dos seus debuxos no espectáculo, e fará unha adiviñación semántica con obras de Risco, Rosalía e Blanco Amor.

    O espectáculo está destinado para público familiar e a entrada é gratuíta por orde de chegada e ata completar a capacidade, a súa duración son 55 minutos e poden asistir ata dúas persoas adultas con cada neno ou nena.

    DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

    ESPECTÁCULO "CIENCIA QUE ALIMENTA" COA COMPAÑÍA ROTO E DESCOSIDA O MUNCYT CORUÑA

    Un mestre, unha aspirante a mestra e unha despensa...unha experiencia culinaria que deixará abraiado a calquera. O obxectivo do espectáculo é acercar aos nenos e nenas á experimentación científica dunha forma orixinal e lúdica, coa proposta de acabar co "Efecto Matilda" , un prexuicio en contra de recoñecer os logros das mulleres científicas que se porá de manifesto nesta obra.
     
    Este espectáculo utiliza unha forma de comunicación non verbal axeitada para a inclusión de persoas con discapacidade auditiva e emprega os sentidos como o olfacto, o tacto e a vista.

    Se vos interesa , tede en conta estes datos:

    Sábado 12 de febreiro ás 12:30 horas. Duración aproximada 45 min.

    Público familiar (menores de 6 a 12 años acompañados dun adulto) con reserva previa a través do correo electrónico: reservascor@muncyt.es e no teléfono 689 578 727. Datos de contacto: nome dos participantes e responsables, email  e número de teléfono.

    NOVAS E DIVERTIDAS ACTIVIDADES NO MUNCYT

    Deixámosvos un enlace para que poidades saber que propostas nos ofrece o MUNCYT de A Coruña para este mes de febreiro. De seguro que xa estades pensando en apuntarvos a algunha. Animádevos!

    XII ENCONTRO DE TEATRO AFECCIONADO

    A Agrupación Teatral Mariñán e o Concello de Betanzos comprácense en presentar o XIII Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos.

    As representacións serán de acceso gratuíto e terán lugar na Aula de Cultura Xulio Cuns todos os sábados de febreiro ás 20:00.

    PREMIOS DO V CONCURSO O OLLO DE VIDRO

    Nesta edición do concurso O ollo de Vidro, organizado pola EOI de Vigo, o IES Castelao, IES Pino Manso do Porriño e que conta coa colaboración da SXPL, participaron máis de 30 proxectos audiovisuais, desde escolares a profesionais con diferentes formatos. Os 10 finalistas foron proxectados no Festival de Cans.

    XESÚS FRAGA XA É PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA. PARABÉNS!

    Xesús Fraga, exalumno do noso cole, gañou o Premio Nacional de Narrativa coa súa obra  " Virtudes  (e misterios )" , unha novela escrita en galego. Nela conta a historia da súa familia, otorgango un papel protagonista ás mulleres, especialmente á súa avoa e á súa nai. 

    A temática da emigración é esencial no libro e nos fai reflexionar non só sobre a súa vertente socioeconómica, senón tamén no relativo ao que supón de enriquecemento persoal.

    Nós tivemos a sorte de contar, hai xa algún tempo, coa presenza de Xesús na nosa Biblioteca e contounos que foi precisamente no noso cole onde se deu conta de que alguén tiña que escribir esas historias que lle gustaba tanto ler. 

    Aquí tamén escribiu a súa primeira historia, na clase de galego, titulada " O meu primeiro suspenso", un relato que contou con tanto realismo que o mestre pensou que se trataba dunha vivenza persoal.

    Xesús  tamén nos dixo que as historias xurden da vida e que por iso sempre leva unha libretiña onde apuntar as que se lle ocorren. De seguro que xa ten novas anotacións que darán lugar a outra obra estupenda. Parabéns !!!

    DÍA DO LECTOR EN HOMENAXE A XOSÉ NEIRA VILAS

    No Calendario do Libro e a Lectura 2021 aparece, por primeira vez, o 3 de novembro como Día do Lector/a, coincidindo co nacemento de Neira Vilas.

    O noso cole tivo a grandísima sorte de contar coa presencia do autor antes de que el morrese e queremos celebrar este día recuperando esta visita inesquecible. 

    EXPOSICIÓN SOBRE RICARDO CARVALHO CALERO EN BETANZOS

    A Deputación da Coruña e o Concello de Betanzos organizan esta exposición ao aire libre para difundir a figura de Ricardo Carvalho Calero logo de que no pasado ano 2020 non se puidesen levar a cabo todas as actividades previstas para a celebración das Letras Galegas pola situación da pandemia.

    A mostra, que consta de 13 paneis, percorre a vida e a traxectoria de Ricardo Carvalho Calero , desde o punto de vista vital e profesional do autor, desde o seu nacemento en Ferrol ata o peche co titulado "Mestre de Compromisos".

    SÁBADOS MIÚDOS: "CONTOS DO CHUPETE" de Migallas Teatro

    O Concello de Betanzos, dentro do seu programa de dinamización lingüística, organiza un novo contacontos de SÁBADOS MIÚDOS. Esta vez, da man de Migallas Teatro, presentan: "Contos do chupete".

    O contacontos está destinado a nenos e nenas de 4 anos e ten unha duración de 35 minutos.

    "Circo galaico" de Títeres Alakrán 

    O vindeiro sábado 2 de outubro ás 18:00 h na Aula Municipal de Cultura Xulio Cuns nunha sesión para público familiar terá lugar o espectáculo infantil "Circo galaico" de Títeres Alakrán no marco do programa de dinamización lingüística FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a Rede de Dinamización Lingüística e en colaboración co Concello de Betanzos.

    Circo galaico é un espectáculo de monicreques dirixido a público familiar onde a maxia e o fantástico se mesturan co autóctono. Trátase dunha obra orixinal e divertida que conta co atractivo do circo e cuns protagonistas de excepción: os animais da fauna galega, representados en marionetas talladas en madeira. A duración do espectáculo é de 50 minutos e a entrada é gratuíta ata completar a capacidade da sala. Cada neno ou nena poderá asistir acompañada dunha persoa adulta.

    O espectáculo é conducido por un presentador que será o mestre de cerimonias de clásicos e insólitos números de circo. Un circo único onde a maxia e o fantástico se mesturan co autóctono, onde os artistas serán animais da fauna galega en liberdade. Con todos vostedes, e entre outros: Xaquín, o forzudo xabarín; Corvus, o corvo equilibrista, Pedriño, o raposo malabarista e a incrible cabra Ribelina! Sen esquecer clásicos do circo coma o pallaso Rolín.

    PROGRAMACIÓN E ROBÓTICACONVOCATORIAS/CONCURSOS