Topic outline

  • RECURSOS WEB FAMILIAS E CONTACTO

    CONTACTO INTEGRANTES D.O.

    Estimadas familias:

    Ante a situación excepcional que se está a vivir, o Departamento de Orientación do centro propón varios recursos web que poden ser interesantes para o alumnado de infantil e primaria e tamén para as súas familias. Deste xeito tentamos amenizar estes días. Esperamos que sirvan de axuda.

    NIÑOS Y NUEVAS TECNOLOGIAS: CONSEJOS PARA PADRES. - Centro Cemi ...

    Para os mais pequechos do cole, no seguinte enlace podedes atopar numerosas APPS que vos aportarán ideas para facer na casa. (Preme aquí)

    ≈≈ Estade atentos, porque ao longo destes días de confinamento ampliaremos material neste apartado ≈≈

  • RECURSOS EDUCATIVOS CONFINAMENTO

    Dónde buscar los mejores recursos educativos para tu trabajo en el ...

    No seguinte ENLACE deixámovos unha serie de recursos educativos que facilitarán ao profesorado, familias e estudantes a ensinanza a distancia durante o tempo que se manteñan suspendidas as clases presenciais polo coronavirus.

    Esperamos que vos sexan de axuda e moito ánimo!!

    • CONTOS SOBRE O VIRUS

      A continuación ímosvos presentar algúns recursos que poden axudarlles aos vosos fillos/as a comprender o que está ocorrendo:

      Rosa contra el virus é un conto para explicarlles aos nenos e nenas o Coronavirus e outros posibles virus, publicado polo Colegio Oficial de la Psicología de Madrid. Este colexio, respondendo á necesidade e demanda social, está levando a cabo unha serie de iniciativas orientadas a promover un afrontamento axeitado fronte ao brote de coronavirus (Covid-19).

      A través deste conto, podemos explicarlles aos nenos que é o coronavirus e axudarlles a entender esta situación de Emerxencia Sanitaria que nos tocou vivir, así como a necesidade de quedar na casa para protexernos a tod@s.

       

      Outro recurso interesante é o conto Mi casa es un castillo- Rutinas para nenos e nenas que no pueden salir de casa. Este conto foi creado pola psicóloga Itziar Fernández Cortés e a ilustradora Lorena Zamora, coa colaboración de Hilo Ediciones, co fin de axudar ás familias a establecer unha serie de rutinas saudables  para os nenos e nenas, desde un punto de vista lúdico. 

       

      Tamén vos facilitamos outro conto sobre este becho que non nos deixa saír da casa, para poder lelo en familia. Trátase de Coronavirus no es un príncipe ni una princesa  realizada pola periodista segoviana María Coco e ilustrado por Sara Ramírez.

      Coronavirus no es un príncipe (ni una princesa)

       

      Outro conto marabilloso que seguro que tod@s coñecedes é " MONSTRUO DE COLORES". Aquí deixo unha adaptación moi chula na  que o Monstro de Cores expresa os seus sentimentos por mor de ter que estar na casa.

      Monstruo de colores y el coronavirus - Infobae

      No seguinte enlace podédelo ver:  https://youtu.be/25Uk8s4Hivs

    • PAUTAS PARA A MELLORA DA CONVIVENCIA

      Estes días que hai que pasar moito tempo xunt@s na casa, poden aparecer conflitos e roces, aquí vos deixamos un enlace onde podedes ler algunhas pautas e estratexias para mellorar a convivencia na casa durante este confinamento.

      Espero que vos sexa de utilidade, e ánimo a tod@s porque desto saíremos fortalecid@s

      La Convivencia Familiar: Escuela de amor y gratuidad, - CiViCa

      Deixámosvos un enlace que contén un  DECÁLOGO DE NORMAS PARA MELLORAR A CONVIVENCIA entre alumn@s, pais/ nais e profesores nas plataformas e entornos dixitais que estamos a empregar para o ensino- aprendizaxe durante a corentena por Coronavirus. Se respectamos estes principios esta etapa será máis doada de levar.

      Picade neste ENLACE e poderedes visionar o video explicativo.

    • BO USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS

      USANDO RACIONALMENTE AS NOVAS TECNOLOXÍAS

      Un cuento para educar en el buen uso de la tecnología

      Estes días que os nenos e nenas pasan todo o tempo na casa, sen poder sair, temos que ser responsables no uso de internet e as novas tecnoloxías.

      Para navegar con seguridade na rede, deixámosvos un enlace que da pautas tanto para os rapaces coma para os pais e nais que esperamos vos sexan de utilidade 

      De todos xeitos, lembrade a necesidade de establecer unhas rutinas na casa, nas que combinedes tarefas escolares, responsabilidades no fogar (facer a cama, recoller a habitación...), actividade física, xogos e actividades lúdicas e todos os días un pouquiño de lectura.

      Ánimo que todo vai sair ben!!!

      Tamén vos deixamos un Decálogo sobe o uso saudable das pantallas en tempos de Coronavirus.

    • LECTURAS VARIADAS

      RUTINAS DIARIAS

      Por Qué Es Importante Que Los Niños Tengan Rutinas establecidas En ...

      Dentro das actividades que os nenos e nenas deberían facer estes días que teñen que estar na casa, deberiamos incluir un ratiño de lectura.

      Aprobeitade para disfrutar da lectura de bos libros. Pinchando nos seguintes enlaces poderedes acceder a moitos contos!!

      Aqui vos deixamos un enlace da editorial Bruño para acceder gratuitamente a contos para os máis pequechos/as.

      E máis enlaces, esta vez da editorial Xerais con contos en galego.

      Tamén compre informar que Amazon, cancelou a suscripción do pago de libros e historias de audio para nenos/as e estudiantes de tódalas idades. O alumnado de tódalas partes poden escoitar unha increíble colección de historias en seis idiomas diferentes, que lles axudarán a seguir soñando, aprendendo,... Todas as historias son gratuitas no ordenador, teléfono o tablet, usando o seguinte enlance (preme aquí)

      A continuación facilitámosvos un enlace á KALANDRAKA TV, onde podemos atopar numerosos contos contados. Esperamos que vos gusten.

    • COMO AFRONTAR O ILLAMENTO CON MENORES CON DISCAPACIDADE E TRASTORNOS DO DESENVOVEMENTO

      Fundación Luchadores Ava é unha organización sen ánimo de lucro que naceu para asesorar e axudar ás persoas con trastornos neurolóxicos. Estes días publicou na súa páxina web unha guía para axudar ás familias a afrontar o illamento na casa con menores con discapacidade e trastornos do desenvolvemento.


      Os nenos que padecen un trastorno do desenvolvemento necesitan un apoio incondicional para poder adaptarse a estos cambios repentinos. Eles afróntanse agora a un desafío relacionado coa comprensión e coa comunicación. Todo isto pode desembocar en estados de estrés, ansiedade ou depresión, que poden ir agravándose co paso dos días.
      Nesta guía preséntanse algúns consellos e ideas prácticas para as familias de nenos e nenas con discapacidade e trastornos do desenvolvemento, para poder apoiarse neles e sobrelevar mellor a situación. Non obstante, na mesma hai moitos consellos que poden ser útiles para todas as familias.
      Podedes descargala a través do seguinte enlace:
    • RELAXACIÓN PARA TOD@S!!

      Dibujos Animados Niños Meditando, Niño Y Niña. Ilustración Linda ...

      Dada a existencia dalgunha petición para reducir o estres nalgún dos nosos alumnos e alumnas, publicamos este enlace a unha páxina de "Cuentos para crecer", na que se explica unha sinxela técnica para practicar a relaxación con nenos e nenas.

      A técnica exposta está baseada na que desenvolveu Jacobson (Relaxación Muscular Progresiva) e supón unha serie de exercicios de tensión-relaxación a través das distintas partes do corpo.

      Na mesma páxina figura un audio para desenvolver a sesión, que se pode escoitar desde a propia páxina ou descargalo e escoitalo a través da aplicación de podcasts IVOOX, que se pode descargar na PLAY STORE.

       

      Curso de Yoga para niños con necesidades especiales. Cursos Delena ...

      Unha actividade que nos vai axudar a respirar e relaxarnos para facer frente ao estrés que nos está a xenerar esta situación de ter que estar na casa e a estar máis concentrados nas tarefas escolares, é o YOGA.

      Se practicamos YOGA desenvolvemos os nosos músculos, melloramos a flexibilidade das articulacións, melloramos os hábitos posturais, melloramos a respiración, circulación…pero sobre todas as cousas calmamos a nosa ansiedade, melloramos a nosa concentración e conectamos o noso corpo, mente e alma.

      Nas redes hai un montón de vídeos e recursos.

      No Blog El sonido de la Hierba al Crecer, podemos seguir a Tablita de Yoga para Erik 

       

      Outro aspecto a ter moi en conta nestes días é a RESPIRACIÓN. Temos que facer conscientes aos nenos e nenaso bo que é manter a atnción na súa respiración para poder xestionar as emocións, entre elas o enfado.

      Para iso podedes ver a curtametraxe de Julie Bayer Salzman y Josh Salzman titulada "SOLO RESPIRA", un vídeo no que os nenos nos din como podemos manexar o enfado.

      Outra técnica que podemos levar a cabo é a Técnica de relaxación de KOEPPEN

       

      • XOGOS EN FAMILIA

        Dentro destas rutinas diarias que debemos levar a cabo neste tempo de confinamento é moi importante o momento de xogo e lecer. 

        Podemos empregar obxectos cotiás e espazos da casa para xogar en familia e mellorar a convivencia estes días de cuarentena.

         

        No seguinte ENLACE podedes ver ideas de xogos en familia divertidos para pasar a corentena cos nenos e nenas.

        Ilustraciones, imágenes y vectores de stock sobre Familia Juego ...

        Na páxina Arbol ABC.com tedes multitude de xogos interactivos que inclúen crebacabezas, adiviñas, trabalinguas, xogos matemáticos, cancións, xogos mentais... Os xogos organízanse en tres tramos de idade: de 3 a 5 anos, de 5 a 7 anos e de 7 a 10 anos.

        Tamén podemos disfrutar xogando con COKITOS

        COKITOS – Queca Mandiles

        Nesta páxina atoparedes xogos de linguaxe, de números, sensoriais, artísticos, de ciencias... perfecta para a etapa Infantil.

        Para os de Primaria tamén se inclúen xogos de linguaxe, artísticos, matemáticos, de ciencias...

         Picade en cada curso e teredes acceso aos diferentes xogos:

        Para os alumnos/as de 6º de Primaria deixo o enlace a páxina xeral para que el@s busquen o que máis lle gusta.

        • DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

          O día 2 de abril celebrase o día mundial da concienciación sobre o autismo.

          No ano 2007 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas (ONU), preocupada pola prevalencia do autismo en todas as rexións do mundo, declarou por unanimidade o 2 de abril como Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

          Este ano, para axudar a darlle visibilidade a este trastorno na nosa sociedade, propúxose unha proposta simbólica coa que algúns dos nosos alumnos e alumnas colaboraron sen necesidade de saír das nosas casas.

          Molinillos de papel azul por el Día Internacional del Autismo | SoyDe

          Ademais, gustaríanos recomendarvos a familias e compañeiros/as a lectura dun libro, para cando teñades un ratiño de relax. 
          El curioso incidente del perro a medianoche de Mark Haddon é unha novela que non se parece a ningunha outra. Peculiar pola forma na que está narrada, esta novela recibiu múltiples premios coma o premio Whitbread e o premio Commonwealth ao primeiro libro do autor.
          Na novela, o seu protagonista chámase Christopher. Christopher coñece as capitais e todos os países do mundo, pode explicar a teoría da relatividade e adora as listas, os esquemas e a verdade, máis ten dificultades para relacionarse con outras persoas. A través da súa mirada resolveremos un misterio.
          E vos coma lectores podedes axudarlle a resolvelo, para poder facelo, deixámosvos o PDF do libro.
        • TRABALLANDO AS EMOCIÓNS

          Las 7 emociones que sentíamos los seres humanos, que ya no existen

          Que vos parece que como temos que quedar na casa aproveitemos para traballar as EMOCIÓNS, porque se aprendemos a recoñecer como nos sentimos e intentamos controlar emocións coma o medo ou a inseguridade, pode ser máis doado superar estes días de confinamento e mellorar a convivencia no fogar.

          Deixámovos este ENLACE de Aulas Galegas que pode aportar ideas de actividades, xogos e lecturas sobre as emocións que esperamos vos sexa útil.

          Tamén importante recordarvos que o profesorado do centro está a traballar as emocións e as habilidades sociais do alumnado, coa axuda do proxecto Educación Responsable. No enlace poderedes atopar máis recursos para traballar en familia.

           

        • MINDFULNESS

          O mindfulness é unha forma marabillosa de liberarse dos pensamentos e emocións que nos invaden en cada momento.

          Se vos sentides frustrados ou desacougados nestes días de encerro na casa, podedes probar a facer estes xogos de mindfulness.

          Clicade sobre o  ENLACE  e poderedes experimentar os beneficios de ter unha mente en calma.

           

          Poderedes ver distintas actividades para traballar as seguintes habilidades: 

          • Concentración.

          • Acougarse.

          • Darse conta.

          • Redefinir

          • Mostrar interese.

          • Conectar.

          • CONSELLOS PSICÓLOGA DO CONCELLO

            A continuación presentámosvos unha serie de consellos  e unha serie de actividades lúdicas para os nenos e nenas, facilitados pola psicóloga do concello de Betanzos para esta fase de confinamento que estamos a vivir.

          • CORONAVIRUS CON PICTOGRAMAS

            Ofrecemos distintos documentos con pictogramas para facilitar la comprensión de nuestra situación actual.

          • ACTIVIDADE CÁPSULA DO TEMPO

            Desde a páxina de Materiales Educativos, Nanelly Rivera creou e compartiu ete material que vos axudará a facer unha cápsula do tempo do momento tan especial no que vivimos. Esta cápsula do tempo está en formato *.pdf e podedes imprimila e enchela coas vosas experiencias, fotos, emocións vividas, anécdotas... E porsuposto, tamén podedes incluir cousas que non aparecen na plantilla ou animarvos a facer unha cápsula noutros formatos, a creatividade no ten límites.

            Así, cando o confinamento remate, poderedes recordar o que vivistes durante este tempo e ensinarllo a todos os vosos amigos e amigas.

            Al Chile con Marlene Quinto - Home | Facebook

            • CONMEMORACIÓN DÍA DO LIBRO

              Para conmemorar o día do Libro, este departamento de orientación propón una serie de lecturas que descubren a importancia da diversidade con libros e contos que nos falan da inclusión, a aceptación das diferenzas.

              É una proposta da fundación ONCE. Se picades no ENLACE poderedes disfrutar de contos variados que afrontan a valoración da DIVERSIDADE.

              Animádevos a ler algún!!

               

              Para seguir coa conmemoración deste día, dende o noso cole, queremos compartir con vos estas imaxes do profesorado lendo nas súas casas.

              Grazas ao equipo de Biblioteca que foi quen propuxo esta iniciativa tan bonita!!

              EU QUEDO NA CASA. EU LEO NA CASA. (pincha aquí)

               

              • RECOMENDACIÓNS SAÍDA DOS NENOS E NENAS

                As nosas nenas e nenos, a partir deste domingo 26 de abril, poderán voltar a respirar aire fresco. Deberemos ter en conta unha serie de limitacións e medidas de seguridade polo ben de todas e todos. A continuación recollemos un conto de Carmen Esteban, onde se nos explica moi ben o desconfinamento.

                Cuento para explicar a los niños el desconfinamiento

                (Para acceder pinchade AQUÍ)

                Tamén vos deixamos no seguinte enlace  unhas recomendacións que elaborou a psicóloga Sabina Serrano para a saída dos nen@s durante o confinamento.

                É moi clara e vos pode axudar aos pais/nais/titores a xestionar estas saídas.

                Para aqueles que necesiten pictogramas para explicarlles aos seus nenos e nenas esta nova circunstancia, ARASAAC facilítanos un material onde podedes ver unha historia social con pictogramas sobre as normas a seguir ao saír á calle durante a etapa de corentena. Inclúense as normas básicas para saber que é o que está permitido e prohibido. 

                Aula abierta de ARASAAC – Aula abierta de ARASAAC

                 Ao final do documento, ofrécense unhas pequenas orientacións ás familias sobre como preparar a saída.

                 Coidádevos moito e ánimo!!

                • CONCIENCIA EMOCIONAL

                  Ola a todos e todas!

                  A editorial Palabras Aladas nos agasalla co libro Amar durante a corentena do coronavirus.

                  A proposta é que leades unha páxina deste libro e logo faledes en familia, compartindo sentimentos e reflexións.

                  Despois podedes facer nunha parede da casa unha árbore con sentimentos e emocións, na que vos podedes acubillar cando esteades tristes ou agobiad@s, ademais tamén tedes unhas fichas para colorear as vosas emocións.

                  Como facer crecer a árbore  e fichas de amar

                  Fichas de actividades :: Amar

                  Seguindo coas emocións, o illamento, o peche das escolas, o cambio de vida que estamos a experimentar poden xerar nos nenos e nenas ansiedade, medo, estrés...

                  A continuación déixovos un enlace a un recurso moi útil para xestionar as emocións dos máis pequech@s, que elaboraron o Instituto Aragonés da Muller e a Fundación ADCARA, que contén actividades moi interesantes de xestión emocional sencillas, para aprender a entender e afrontar emocións como o enfado, o medo, a inseguridade...

                  Anímate e pincha no ENLACE

                  Que tus emociones no queden confinadas

                  Para os máis pequenos e pequenas, comparto esta guía chulísima "ELENA EN CUARENTENA" que nos facilita claves para superar o aburrimento, con propostas para facer que están moi ben. 
                  Elena en Cuarentena” - la darsena
                  • OS MELLORES MOMENTOS

                    Durante todas estas semanas que levades confinados na casa, seguro que fixéstes moitas actividades en familia divertidas (ver pelis xuntos, facer algunha receita de cociña, xogar en familia...).

                    Fai uns días propúxose facer unha CÁPSULA DO TEMPO. Hoxe propóñovos que fagades algo parecido, unha seleccion dos mellores momentos e os recolladas nun caderno como o que vos deixo no seguinte ENLACE ou ben fagades o voso propio.

                    Gardádeo como un tesouro! Seguro que cando pasen uns anos vos gustará velo e lembrar cantas cousas fixéstedes e cantos momentos bonitos compartiches coa túa familia.

                    Resultado de imagen de nuestro portofolio familiar

                    • CONFINAMENTO: UNHA OPORTUNIDADE PARA CRECER

                      resiliencia é a capacidade dos seres humanos para adaptarse e sobrepoñerse positivamente a situacións adversas que imos atopando na vida. É unha actitude e por tanto, podemos entrenala nos nenos/as.

                      Ante unha situación problemática temos dúas opcións: deixarnos vencer e sentir que fracasamos ou sobrepoñernos e saír fortalecidos, apostar pola resilencia. Grazas a ela non só seremos capaces de afrontar as crises ou situacións potencialmentes traumáticas, se non que tamén podemos aprender e crecer como persoas.

                      Recoméndovos desenvolver pouco a pouco a resiliencia nos nenos/as a través da lectura e comprensión de contos como:  "Una feliz catástrofe", "Tú puedes", "Malina pies fríos", "Las Jirafas no pueden bailar"

                      A continuación deixo o enlace a un deses contos que fomentan as gañas de superación e a importancia de non renunciar aos soños cando atopamos obstáculos no camiño.

                      LAS JIRAFAS NO PUEDEN BAILAR 

                      • TRABALLANDO A INCLUSIÓN

                        Unha das tarefas do Departamento de Orientación é promover a atención á diversidade de nenos e nenas e fomentar o respecto polas diferenzas individuais.

                        Hoxe déixovos unha pequena tarefa para traballar o valor da inclusión: o corto "Historia dun ourizo". Esta curtamertraxe ensínanos que as persoas temos trazos que nos fan DIFERENTES, pero estes non deben ser motivo de segregación, senón de riqueza. O REPECTO ás diferenzas axúdanos a ser máis tolerantes.

                        Preme no ENLACE para ver o corto e logo no pdf adxunto tedes unha serie de actividades para traballar sobre el. (Actividades propostas de Aulas Galegas).

                      • EMPATÍA EN TEMPO DE CONFINAMENTO

                        A empatía é a base da comunicación e a convivencia. Se queremos que os nenos e nenas sexan empáticos e sexan capaces de poñerse no lugar dos outros e comprender como se senten, os adultos debemos ser modelos de conduta e axudalos con actividades que lles permitan aprender e practicar esta empatía.

                        Deixámosvos o enlace a un conto que vos axudará a facelo desde a casa.

                        EMPATÍA EN CUARENTENA

                        Empatía en cuarentena - Amanuta

                        • MATERIAL DE REFORZO E AMPLIACIÓN

                          A continuación compartimos algún MATERIAL DE REFORZO E AMPLIACIÓN das diferentes áreas.

                          ≈≈ Estade atentos, porque ao longo destes días de confinamento ampliaremos material neste apartado ≈≈

                           

                        • MATERIAL DE AUDICIÓN E LINGUAXE

                          Mi mundo de Audición y Lenguaje - Home | Facebook

                          As mestras especialistas de Audición e Linguaxe propoñen actividades para os alumn@s de dislalias. Crearon un pequeno documento con enlaces a diferentes recursos para tod@s aqueles que queiran practicar na casa.

                          Esperamos que vos sexan de axuda!

                        • MÁSCARAS E DIVERSIDADE FUNCIONAL

                          Emoticono cara con mascarilla | Imágenes de emojis, Emoticones de ...

                          Nestes días confirmouse a obrigatoriedade do uso de máscaras dende os 6 anos. Teranse que levar en espazos públicos cando non se poida manter a distancia de 2 metros, e nos espazos pechados.

                          Sabemos que esta obrigatoriedade está exenta para aquelas persoas que presenten dificultade respiratoria e discapacidade ou dependencia.

                          Aínda así, axuntamos unhas  pautas prácticas do uso das mesmas, para que as familias con persoas con diversidade funcional teñan en conta.

                          Tamén podedes botar unha ollada ao Portal Aragonés ARASAAC onde nos facilitan o material: Las mascarillas explicadas a los niños y niñas

                          Lembrade que a máscara é unha ferramenta máis, a parte da hixiene e o distanciamento social, que nos permitirá coidar a nosa saúde en esta pandemia global que está afectando a toda a sociedade. COIDÉMONOS!!

                          • OS MEDOS N@S NEN@S

                            Ás veces, os nen@s teñen medos ou fobias que se basan en experiencias traumáticas de mais ou menos gravidade.

                            Nesta entrada queremos facilitarvos algunhas pautas e recursos que axudarán a superar os MEDOS ao vosos peques.

                            Esperamos que vos sexa de utilidade.

                            Recursos Alatea - Posts | Facebook

                            Pichade aquí

                            • MOTIVACIÓN PARA APRENDER NA CASA

                              Currículum del Hogar: Papel de la motivación en el aprendizaje

                              Os nenos e nenas levan moito tempo na casa aprendendo virtualmente desde o fogar o que fai que se desmotiven, aumenten as distraccións, diminúa a súa  capacidade de concentración. Se a isto engadimos que o curso está rematando, a calor que invita a sair, ir á praia e abandonar as rutinas diarias de estudo non é fácil que manteñan a autodisciplina e habilidades necesarias para continuar co estudo ata que finalice o curso escolar.

                              A UOC (Universitat Oberta de Catalunya) publicou un interesante artigo sobre como motivar aos nenos/as a aprender con estratexias como: horarios con tempo de lecer, fomentar a concentración dos fillos/as con espazos fixos, seguir as cinco "C" (contexto, creatividade, curiosidade, control e colaboración), fixar obxectivos pequenos e concretos, adaptarse ao neno/a...

                              No ENLACE DA UOC podedes descargar o artigo e reflexionar sobre a importancia de que os vosos fillos/as estean motivados para aprender.

                              Tamén deixo un vídeo moi curto de Jose Antonio Medina sobre cómo motivar aos nen@s a aprender.

                               ¿Cómo motivar al niño para que sienta interés por aprender?

                              Los secretos de la motivación eBook: Marina, José Antonio: Amazon ...

                              • XESTIONAR OS MEDOS

                                Carmen Esteban, Psicóloga Infantil, ven de elaborar un conto para traballar o medo nos nenos e nenas máis pequenos.

                                O medo é una emoción que nos axuda a sobrevivir, pero ás veces os medos impiden que os nenos e nenas durman sós ou se bloqueen ante determinadas situación. A través do conto “ A TARTARUGA LOLA” aprenderán como controlar estes medos de xeito lúdico e divertido. Ademais pode ser un bo momento para falar en familia sobre esta emoción e como abordala.

                                Anímovos a que piquedes no CONTO e no XOGO “ A TARTARUGA LOLA”  e disfrutedes deste conto infantil.

                                Tortuga, Dibujo, Manta imagen png - imagen transparente descarga ...

                                Nestes tempos de confinamento os medos dos nenos poden verse aumentados e intensificados. Debemos transmitirlles calma e seguridade e axudarlles a expresar os seus sentimentos e sufrimentos. 

                                A continuación facilítanse máis materiais que nos poden axudar a xestionar e traballar o medo na casa.

                                "VENZO MIS MIEDOS" é un sinxelo conto de ARASAAC con pictogramas para vencer os medos relacionados co Coronavirus. 

                                 

                                "EL MIEDO EN LOS NIÑOS DURANTE EL COVID-19" é un documento sobre o medo elaborado polo Equipo de Orientación Educativa y Psicopedagógica de Atención Temprana  San Fernando - Coslada.

                                Esperamos que vos sexa de axuda!!

                                • FIN DE CURSO

                                  Este foi un curso diferente, un curso que seguro que non imos esquecer…

                                  Vivimos algo novo para todos e todas e aprendimos un montón de cousas novas, agora toca a hora de reflexionar sobre iso e coller forzas neste verán para afrontar o curso que vén, que chegará cargado de moitas incertidumes.

                                  Unha axuda para a reflexión é esta infografía elaborada polo EOIP GRAUS.

                                  E como chegan as vacacións de verán, propóñovos unha serie de actividades que podedes facer neste tempo de lecer!!

                                  E NON ESQUEZADES DIVERTIRVOS MOITO E DESCANSAR!!!

                                   Derecho de los niños y niñas a jugar