VENRES 24 DE ABRIL DE 2020
MATEMÁTICAS, LINGUA E LENGUA:
O traballo de hoxe consistirá en que realices un test de repaso do traballado durante toda a semana nas tres materias (matemáticas, lingua e lengua). Ademais, os test de lengua e de lingua terán unha parte de comprensión lectora e outra de expresión escrita.
Recorda que cando accedas a cada un dos test terás que indicar o teu NOME, APELIDOS e a túa AULA. Non teñas presa por acabar o test, non terás maior puntuación por acabar antes. Se queres repetir o test (ou se sacas unha puntuación menor ao 50%) volve a entrar no enlace para realizalo outra vez. Terás de prazo para facer estes tres test ata o xoves 30 de abril de 2020.
Para acceder a cada un dos test pulsa enriba da materia e escribe o código que aparece ao lado da mesma.
Ánimo! Seguro que os fas moi ben!
- TEST DE MATEMÁTICAS: MATE4VALES
- TEST DE LINGUA: LINGUA4VALES
- TEST DE LENGUA: LENGUA4VALES
INGLÉS:
Vamos a dedicar las actividades de hoy para conmemorar el día del libro que celebramos ayer día 23 de abril. Entra en el blog de inglés. Ahí encontrarás videos y canciones relacionadas con esta celebración y un cuento titulado “Jack and the beanstalk” Por último os dejamos unas manualidades por si os animais.

AMAR:
VIERNES: PERDONAR.

SÁBADO: BONDAD.

DOMINGO: COLABORACIÓN.

XOVES 23 DE ABRIL DE 2020
MATEMÁTICAS:
- Sumar y restar números decimales. VÍDEO - FICHA.
LENGUA:
- Gramática: El sustantivo. VÍDEO - FICHA.
NATURAIS:
- Animáis vertebrados: TEORÍA - VÍDEO - TEST
- Antes de facer o test le toda a teoría e mira o vídeo anotando as cousas que che parecen máis importantes.
- Nombre de la clase: NATU4VALES
- Introduce tu nombre: Indica o teu nome, apelidos e a túa aula (4A - 4B - 4C - 4D ou 4E)
- Tes de prazo ata o mércores 29 de abril para realizar o test.
EDUCACIÓN FÍSICA:
- Vamos a movernos. Día 12.
AMAR:
- Tratar bien.

MÉRCORES 22 DE ABRIL DE 2020
COMUNICADO ÁS FAMILIAS:
Bo día.
Escribímosvos para comunicarvos que a día de hoxe aínda non temos unhas instrucións definitivas de como abordar o terceiro trimestre (temos unhas orientacións provisionais).
Mentres esperamos a recibir as instrucións definitivas, o profesorado do 4º nivel de Educación Primaria estamos revisando e modificando as programacións didácticas para centrar as actividades do terceiro trimestre naqueles aspectos que consideramos máis importantes.
A distribución das materias nos diferentes días da semana quedará, en principio, do seguinte xeito: Matemáticas: luns, martes, mércores, xoves e venres; Lingua: luns, mércores e venres; Lengua: martes, xoves e venres; Sociais: martes; Naturais: Xoves; e Plástica: mércores. A maiores, as actividades de Música trasladaránsevos os luns; as de Educación Física os martes e xoves; e as de Inglés os luns, mércores e venres. Así mesmo seguiremos traballando un concepto ao día do libro AMAR ata que finalicemos a nosa árbore.
Mentres non recibamos unha instrución contraria, acabaremos co repaso que estabamos a facer nas diferentes materias e logo seguiremos avanzando nos temas.
A finalidade de avanzar contidos non é outra que asegurarnos de que cando se poidan explicar de forma presencial (sexa este curso ou o curso próximo) ao alumnado xa lle soe de que estamos a falar e non se teña que afrontar a todos os contidos de cero.
Saberedes, que tamén debemos facer un seguimento da evolución das aprendizaxes do alumnado durante o período de confinamento.
Pedirvos que nos reenviedes cada unha das actividades que realizan cada día parécenos sobrecargar de traballo ás familias e somos conscientes de que o noso alumnado, en moitos casos, non sabería facelo de forma autónoma. Polo tanto, buscando outras opcións para facer o seguimento, acordamos que realizaremos un test online semanal de cada materia que reflicta os contidos traballados ao longo da semana.
Os test de Matemáticas, Lingua e Lengua subiranse á aula virtual os venres (ese día non subiremos fichas nin explicacións novas). O test de Sociais subirase os martes e o test de Naturais os xoves. Para realizar os test poden consultar todo o realizado ao longo da semana. Poden realizar o test cantas veces queiran (ata acertar como mínimo o 50% das preguntas) coa única consigna de que o prazo no que estará dispoñible o test para a súa realización será de seis días. Logo pecharémolo para subir o seguinte test correspondente a esa materia. Para acceder a cada test poñeremos o enlace na aula virtual coa clave que teñen que escribir para poder realizar a proba. É moi importante que lles recalquedes aos vosos fillos e fillas que onde lles pide que poñan o seu nome, non só deben escribir o nome, senón que deben escribir o seu nome, apelidos e indicar cal é a súa clase: 4ºA, 4ºB... Unha vez pechada a enquisa nós poderemos ver e analizar os resultados para determinar con que intensidade se deben repetir eses contidos o curso próximo.
Así mesmo, indicarvos que estamos preparando material para o alumnado que requira material de reforzo ou de recuperación. Se é o voso caso, a titotora correspondente poñerase en contacto con vós para explicarvos cales serían as actividades que terían que facer os vosos fillos/as.
Cando teñamos máis novas volveremos a poñernos en contacto con vós.
Moitas grazas pola vosa imprescindible colaboración.
MATEMÁTICAS:
- Comparación de números decimales: VÍDEO - FICHA.
- Aproximación de números decimales: VÍDEO - FICHA.
LINGUA GALEGA:
- Vocabulario. A tecnoloxía. Diminutivos e aumentativos. FICHA.
INGLÉS:
Números del 1 al 100 y horas.
- BLOG: En el blog encontrarás todos los enlaces de repaso: vídeos, canciones, juegos y ejercicios online.
- Telling de time: aquí tienes muchos ejercicios de la hora. Selecciona los que más te gusten, no tienes que hacerlos todos.
PLÁSTICA:
- Debuxo unha OVELLA.
AMAR:
- Respeto

.
MARTES 21 DE ABRIL DE 2020
MATEMÁTICAS:
- Valor posicional y lectura de números decimales: VÍDEO - FICHA.
LENGUA CASTELLANA:
- ORTOGRAFÍA: El sonido R fuerte. VÍDEO - FICHA
CIENCIAS SOCIALES:
Le con atención estás instrucións antes de comezar a facer as tarefas de Ciencias Sociais: INSTRUCIÓNS.
- Vídeo: DE LA PREHISTORIA A LA HISTORIA.
- Test: DA PREHISTORIA Á HISTORIA
Nombre de la clase: SOCI4VALES
Introduce tu nombre: Indica o teu nome, apelidos e a túa aula (4A - 4B - 4C - 4D ou 4E)
- Lectura da Teoría: OS PRIMEIROS POBOADORES
- Ficha: OS PRIMEIROS POBOADORES
EDUCACIÓN FÍSICA:
- VAMOS A MOVERNOS. DÍA 11
AMAR:
- EMPATÍA

LUNS 20 DE ABRIL DE 2020
Comezamos unha semana nova. Vamos que ti podes!
Ao final das actividades de hoxe podes consultar as fichas de toda a semana.
MATEMÁTICAS:
- Unidades decimales: DÉCIMAS - CENTÉSIMAS - MILÉSIMAS - FICHA
LINGUA:
- ORTOGRAFÍA: Partición de palabras. O guión: O GUIÓN - OS DITONGOS - FICHA
- REFRÁNS: Recolle un ou varios refráns que fagan referencia aos meses do ano. Cando teñas un para cada mes, fai un minilibro cunha portada e en cada páxina escribe con letras bonitas o refrán. Por exemplo: En abril, augas mil. Se lle engades algún debuxo quedará aínda moito mellor.
INGLÉS:
- Días de la semana, meses y estaciones: WEB
MÚSICA:
- Esta semana seguimos coa melodía A SAIA DE CAROLINA. Recordade que debedes enviar un vídeo coa melodia interpretada en flauta e/ou carrillón ao correo colevales.edmusical@gmail.com. No blogue Vales Musical tedes todo o necesario para traballar a partitura e preparar a melodía.
AMAR:
- TOLERANCIA

FICHAS DE TODA A SEMANA:
MATEMÁTICAS
LINGUA GALEGA
LENGUA CASTELLANA