Prazo Presentación Solicitudes de Admisión:
Do 1 ao 21 de Marzo.
· Entregar na aplicación online, Sede Electrónica ou de forma presencial o Anexo II (cuberto á man ou a ordenador).
· DNI do solicitante, documento acreditativo da idade do alumno/a (libro de familia) ou certificado oficial do expediente académico.
· Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.
Prazo para a presentación en Sede Electrónica: Do 1 ao 21 de marzo.
Prazo Presentación Documentación Xustificativa: Do 25 Marzo ao 14 de Abril as 14:00h. (Deberase presentar a documentación (padrón, certificados...) no caso de que o número de solicitudes sexa maior ao das prazas ofertadas.
Publicación listas provisionais de admitidos e non-admitidos: Antes do 25 de abril. Prazo reclamación: 5 días hábiles a partir do día seguinte a súa publicación.
Publicación listas definitivas de admitidos e non-admitidos: Antes do 15 de maio. Prazo de reclamación: un mes a partir do día seguinte a publicación deberá presentar recurso de alzada ante a xefatura territorial.
· Formalización de Matrícula:Do 20 ao 30 de xuño
(presentación do anexo III)
·Horario de atención e recollida de solicitudes:de luns a venres de 9 a 14 h
Teléfono para solicitar información: 625 482 551 (atendemos WhatsApp)
INFORMACIÓN:
1)
Cada alumno/a so pode presentar UNHA ÚNICA SOLICITUDE no centro que solicite praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
2)
O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
3)
O alumnado que ten reservada nun centro (adscrito), se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia a reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
4)
A falsidade nos datos achegados poderá determinar a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
5)
Este centro abrande os cursos do segundo ciclo de Educación Infantil e o 1º e 2º curso de Educación Primaria.
NORMATIVA REGULADORA
* Decreto 254/2012, do 13 de decembro: Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.
* Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado.
*Decreto 13/2022, do 3 de febreiro: Admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos
* Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.
*Orde do 18 de decembro de 2020 que modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.
* Resolución do 23 de febreiro de 2022 do sorteo das letras de desempate (1º apelido son as letras "V" e "U"; 2º apelido as letras "A" e "Z".)