Recomendámosche

ALEX Y GANDHI

Álex ten once anos. Estudia e vive en internados, porque os seus pais viaxan e non poden estan con el. En Mozambique, Álex coñeceu ao perro Gandhi, e coa súa axuda e compañía viviu a súa primeira aventura: máis aló dos internados, a vida é emocionante. Xuntos visitarán outros países e vivirán moitas aventuras.

CONTOS QUE LEN OUTROS NENOS DO MUNDO

GRACIAS ao Consorcio Editorial coñecemos estes fermosos contos doutros mundos. O autor e ilustrador, Abraham Carreiro, veu visitarnos hoxe, 2 de febreiro. Gustánnos moito as historias e os seus debuxos. Recomendados!!

 

Irene en... África!

Solidaridad Internacional editou uns contos moi divertidos sobre unha nena viaxeira que colabora para mellorar o mundo xunto cos seus pais. Irene viaxa a moitos países e visita todos os continentes... neste caso está en África, visitando o Sahara e o Senegal. Se queres ler estes contos só tes que picar na foto. Que vos guste!!

 

 

The joy of books

Quen sabe? Pode que polas noites isto ocorra tamén na nosa Biblioteca...

O PODER DA LECTURA

Argine, unha nena francesa boa lectora, amósanos como deixarnos levar pola imaxinación a través dos contos

 

LIBROS PARA O NADAL

Aquí vai a nosa selección de libros para o Nadal. A maior parte deles relacionados co noso proxecto: "Unha Biblioteca... un mundo". 

Podedes darlle cor a Torriño!!! Bo Nadal para todos!!

¿QUÉ PODEMOS FACER NA BIBLIOTECA?

¿QUÉ PODEMOS FACER NA BIBLIOTECA?

ANIMA AO TEU FILLO A VISITAR A NOSA BIBLIOTECA!!

Unha Biblioteca é un espazo de encontro cos libros, no que os cativos aprenden a investigar e desfrutar da literatura. Tamén é un lugar de encontro entre os nenos, ofrecendo unha boa alternativa de ocio e tempo libre de calidade.

Powered by Drupal - Design by artinet