Skip to Content

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2019/20

 DOG 20 DE MAIO DE 2019

 

1º e 2º CURSOS DE EDUCACIÓN PRIMARIA

A contía de axuda para adquirir libros de texto en 1º e 2º de E.P. será a seguinte:

  • Renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 € = 170 €

  • Renda per cápita dende 5.400 € ata 9.000 € = 90 €

Estes libros non teñen compromiso de devolución por non ser reutilizables.

 

3º, 4º CURSOS DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Os alumnos/as matriculados nestes cursos poden optar ao Fondo Solidario de Libros de Texto existente no Centro. A

adxudicación dos libros farase por orde inversa á renda per cápita, ata que se esgoten as existencias.

Esgotados os libros dispoñibles no fondo solidario, o centro adquirirá os libros de texto necesarios para garantir:

 

a) Ao alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 5.400 € = 6 libros de texto

b) Ao alumnado con renda per cápita dende 5.400 € ata 9.000 € = 4 libros de texto

 

Estes alumnos/as están obrigados/as a devolver os libros en debidas condicións ao remate do curso. No caso de ter libros do Fondo no

curso 2018-19, deberán ter devoltos ditos libros antes do 21 de xuño para poder optar ás novas axudas.

 

 Os alumnos/as que cursen 5º e 6º de primaria no curso 2019/2020 por estar incluídos xa no

 “Proxecto de Educación Dixital” (E-DIXGAL), están excluídos da participación no fondo

 solidario de libros de texto. Non obstante, poderán solicitar axuda para adquirir material escolar.

 

 

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

As familias con renda per cápita igual ou inferior a 5.400 € terán dereito a un vale de 50 € para adquisición de material escolar.

 

 

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Presentarase no centro que están admitidos, unha única solicitude para todos os fillos especificando o nivel de estudos que espera realizar

cada un deles no curso 2019/20.

A solicitude pódese elaborar accedendo a aplicación FONDO LIBROS: https://www.edu.xunta.es/fondolibros e logo presentala:

  • No propio centro

  • Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia

 

DOCUMENTACIÓN

ANEXO I e ANEXO II : Pódense descargar en formato pdf dende a propia aplicación de FONDO LIBROS: https://www.edu.xunta.es

/fondolibros ou recollelos no propio centro.

 Fotocopia do libro de familia na que figuren todos os membros computables da unidade familiar. En caso de que a situación a día 31 de decembro de 2017 non coincida coa do libro, terase que presentar a seguinte documentación:

 

    1. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia

    2. Certificado ou volante de convivencia

    3. Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello onde resida a familia

 

 

Outra documentacion (en caso de ser necesaria):

-Certificado acreditativo do grao de discapacidade

-No caso de situación de violencia de xénero, documentación acreditativa

-Resolución xudicial de incapacitación

-Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores para o alumnado

en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia

-Certificado de convivencia no caso de que o pai, nai ou titor carezan de DNI

 

 

PRAZOS

Presentación de solicitudes ata o 21 de xuño incluído.

Emendas de deficiencias nas solicitudes ata o 28 de xuño.

Listaxe de solicitudes con dereito a vale para adquirir libros de texto e material escolar: 28 de xuño

Publicación de listaxes provisionais do fondo solidario de libros de texto: 1 de xullo

Publicación de listaxes definitivas do fondo solidario de libros de texto: 5 de xullo

Recollida de vales para adquirir libros de texto e material escolar: dende o 1 ao 5 de xullo

 

Os alumnos de sexto teñen que presentar a solicitude no IES que estén admitidos

 

 



 

                   

   

    

 

                                          
page | by Dr. Radut