PROA+

PROA+ son as siglas do PLAN DE REFORZO, ORIENTACIÓN E APOIO. É unha modalidade de acompañamento dentro do horario lectivo.

Con esta actuación preténdese mellorar as perspectivas escolares do alumnado con dificultades, a través do traballo ou apoio organizado para a adquisición das destrezas básicas que lle faciliten a incorporación plena ao ritmo de traballo ordinario e ás esixencias das diferentes áreas e materias.

Obxectivo:

Potenciar a aprendizaxe e o rendemento escolar deste alumnado mediante:

  • o fornecemento de destrezas e coñecementos necesarios nas competencias básicas (CMCT e CCL).
  • a adquisición de técnicas de traballo intelectual.
  • a adquisición de hábitos de organización e constancia no traballo.
  • o alento ao estudo a través de dinámicas de traballos eficaces.
  • o incremento do hábito lector.
  • a mellora da súa integración social, no grupo e no centro.

O alumnado destinatario é o de 6º de Educación Primaria e está pensado para todo o curso escolar.

Trátase pois dunha medida de Reforzo educativo que oferta o centro a aquel alumnado que consideramos vai saír beneficiado dela por distintos motivos.