ARCO

QUE É O ARCO?

É un programa financiado con cartos do Fondo Social Europeo co obxecto de favorecer a participación do alumnado no grupo-clase e a consecución do seu máximo desenvolvemento emocional, intelectual, social e profesional.

Desenvólvese dentro do horario lectivo, é dicir, pola mañá. E impártese principalmente dentro da aula, co resto dos compañeiros. Pode ser que nalgunha ocasión consideremos que é mellor saír da aula para traballar algún aspecto específico que dentro da aula sería máis complicado, ou por outro motivo que xustifique a saída puntual.

É para os cursos de 4º e 5º de Educación Primaria durante o 1º trimestre.

É unha medida ordinaria de atención á diversidade.