Observa e acción

O profesorado do noso centro ven de estar participando no programa de formación “Observa_Acción: Desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”.

Consta da catro fases, e acaba de saír a resolución da terceira, coa selección do noso centro polo traballo desenvolto nas anteriores.

Na primeira delas o traballo foi Intracentros (observamos e aprendemos dos compañeiros do colexio), segunda fase foi Intercentros (acollimos e visitamos ao CEIP Plurilingüe de Sobrado-Nebra de Porto do Son, para descubrir novas dinámicas de traballo). Nesta terceira visitaremos a un centro a nivel Estatatal acudindo a outra comunidade autónoma para aprender das experiencias doutros centros educativos.