Skip to Content

1º e 2º.

ACTUALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES DOS DISTINTOS ESPECIALISTAS

 

Prezadas familias,

 

Podedes acceder as diferentes actividades que imos actualizando semanalmente propostas polas

titoras de 2º e o resto de especialistas ( Ed. Física, inglés, música, …, biblioteca, dto. orientación ...) 

na páxina web do cole:

  ceip.souto.donas@edu.xunta.es

 

Tamén podedes dirixir as vosas consultas ou dúbidas as titoras ao correo electrónico:

 segundosoutodonas@gmail.com

 

Os correos dos distintos especialistas están dispostos na web do cole dentro da súa sección.

 

É importante intentar manter unha rutina de traballo pero tampouco queremos xerar 

situacións de ansiedade na casa. Así que organizade as tarefas escolares  

dentro das vosas posibilidades.

 

Algunha destas tarefas hai que imprimilas ou facer o traballo nun folio ou libreta 

( se non tedes impresora) e deben facerse con lápis, por favor. Nalgunhas tedes, 

vinculadas ás fichas, videos e cancións para poder ver no móbil ou no ordenador 

e así resulte máis ameno.

 

Recomendamos tamén ler tódolos días, xogar, xogar a xogos de mesa, 

facer experimentos caseiros e xogos interactivos que podedes atopar no seguinte enlace:

 

contido/problematicos/espazoAbalar

 

https://www.vedoque.com/

 

Moitas grazas pola vosa colaboración e moito ánimo!

 

As titoras de 2º

 

 

 

FIGURAS XEOMÉTRICAS PARA A COMPRENSIÓN E MEMORIZACIÓN DAS TABOAS DE MULTIPLICAR

MEMORIZAMOS AS TÁBOAS DE MULTIPLICAR DUN XEITO DIVERTIDO

Prezadas familias, para estes días que temos que quedar na casa pedímosvos a vosa colaboración para a construcción dunha táboa de multiplicar Waldorf.

 

Saber as táboas de multiplicar con soltura é indispensable para poder seguir avanzando coas matemáticas. Con todo, memorizalas é tan aburrido que adoita ser un pesadelo para moitos nenos. Buscando algunha maneira de facer a súa aprendizaxe máis interesante pensamos en utilizar o método Waldorf. Desta forma os nenos aprenden manipulando e xogando, pero o mellor de todo é que perden o medo ás táboas e a súa actitude inmediatamente transfórmase en positiva. 

No ficheiro adxunto, ademáis das instruccións para a súa montaxe, deixámosvos uns vídeos explicativos do proceso e da súa utilización. 

Se tedes algunha dúbida podedes contactar connosco a través do correo electrónico:

segundosoutodonas@gmail.com

Unha aperta das titoras de 2º!

 

 

 

TRUCOS MOI SINXELOS PARA APRENDER AS TÁBOAS DE MULTIPLICAR. 2º PRIMARIA.

Como aos nenos e nenas gústanlles os trucos e ter complicidade connosco, exporlles que lles imos ensinar uns truquiños é algo que funciona sempre ben.

Aquí deixámosvos uns poucos para que os

practiquedes con eles.

Un saúdo das mestras de 2º!!

 

CORREO ELECTRÓNICO PARA DÚBIDAS ALUMNADO DE 2º

Para calquera dúbida que teñades sobre as tarefas para estes días de suspensión das clases, podedes empregar o seguinte correo electrónico:

segundosoutodonas@gmail.com

Un saúdo.

AULAS GALEGAS

ENLACE AULAS GALEGAS

AQUI TEDES ESTE ENLACE CON ACTIVIDADES PARA FACER EN FAMILIA.

UN SAÚDO 

PARA ESTES DÍAS NA CASA

Para as familias que non dispoñen de impresora e para todas en xeral é importante crear unhas rutinas

coas nenas e nenos sen agobiarse. 

Que lean todos os días, e alternen tarefas semanais, escribindo contos, debuxando, cociñando e escribindo a receita, inventando problemas de sumas e restas, facendo as recomendacións ao seu ritmo, facendo algúns experimentos e debuxando os pasos , xogando e inventando xogos.

 

 Ánimo a tod@s!

 

COUSAS PARA FACER SEN PANTALLAS

Aquí tedes unha serie de actividades para facer cos nenos nestes días que temos que quedar na casa. 

Un saúdo.

TAREFAS SUSPENSIÓN TEMPORAL DAS CLASES PARA 2ºED.PRIMARIA

ADXUNTAMOS AS TAREFAS PARA 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARA ESTES DIAS DE CESE DAS ACTIVIDADES LECTIVAS.

1º Disecciona un xurelo

 

Distribuir contido


by Dr. Radut