Skip to Content

Normalización.

COLLAGE "GALEG@S DE CINE"

HISTORIAS DO CINE NO VAL MIÑOR.

 

Aquí están recollidas as aportacións das familias para axudarnos a facer un pouco de memoria do NOSO CINE.

 

O Equipo de Normalización Lingüística agradece a colaboración de todas estas persoas.

 

LETRAS GALEGAS 2019: ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS


 

 

Este ano 2019 homenaxeamos a Antonio Fraguas Fraguas no Día das Letras Galegas. Un home que traballou arreo para difundir a nosa lingua e a cultura popular. A súa vida é un exemplo de paixón polo coñecemento e polo país.

 

"Eu traballei sempre por e para Galicia. Unhas veces acertei, outras non; pero en todo canto levo feito puxen sempre toda a miña ilusión, todo o pouco que sei, sen esperar nunca nada a cambio."

 

"Dediquei toda a miña vida a tratar de localizar e dar visibilidade aos elementos do noso patrimonio que durante séculos pasaran desapercibidos ou foran obxecto de desprezo. Penso que, por sorte, a mentalidade da sociedade mudou e hoxe en día a sensibilidade é maior."

 (Antonio Fraguas Fraguas)

 

 

Queres coñecer ti agora un pouco sobre Antonio Fraguas Fraguas? 

 

Preme nas IMAXES para acceder ós recursos e actividades:

 

PRIMAVERA DAS LETRAS

 

 

SEMINARIO GALÁN 

- Documentos para imprimir

- Actividades en liña

- Álbum de fotos

 

 

 

O PORTAL DA LINGUA GALEGA

(SXPL) 

 

 

REAL ACADEMIA GALEGA

- Biografía

- Obra

O INVERNO EN DONAS

E xa temos aquí as fotos do Inverno. Fermosísimas as vosas composicións. Até calafríos sentimos ao ollalas.

As alumnas e alumnos de Cuarto de Primaria queremos agradecer de novo a colaboración das familias neste noso Proxecto Meteoescola.

 

A ANDAINA DA CASTAÑA

Un ano máis dispuxémonos a conmemorar unha data tan sinalada no noso calendario: o Magosto. E para elo fixemos a Andaina da Castaña. Se premes na seguinte imaxe poderás ver un vídeo. Agardamos que vos guste

 

 

 

MENSAXE DE NADAL

December 2017

Preme no enlace "mensaxe de Nadal" para poder ler a mensaxe coa que o noso centro vos desexa felices festas. Está escrita pol@s alumn@s de 4º. O autor da felicitación en inglés é Gorka, de 4 anos. Noraboa pola vosa orixinalidade, rapaces!

Boas festas e feliz 2018!

Distribuir contido


by Dr. Radut