Biblioteca

CURSO 2013/14 RECOMENDACIÓNS LECTORAS 3º TRIMESTRE

                                         
XA REMATAMOS O CURSO E CHEGAN AS VACACIÓNS  PERO NON QUEREMOS MARCHAR SEN ANTES DEIXARVOS UNHAS RECOMENDACIÓNS PARA LER E GOZAR DO VERÁN. ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN E QUE PASEDES MOI BOS MOMENTOS E SOBRE TODO, GRANDES AVENTURAS.
BOA LECTURA!!!
 

DÍA DO LIBRO 23-4-14

O DÍA DO LIBRO, OS NEN@S DE EDUCACIÓN INFANTIL FORON A GONDOMAR PARA PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES QUE ORGANIZOU ESPAZO LECTURA. PRIMEIRO ASISTIRON Ó CONCERTO DE UXÍA QUE CANTOU AS CANCIÓNS DO LIBRO "ROSALÍA PEQUENIÑA" E DESPOIS Á BIBLIOTECA. ALÍ, IRENE E FÁTIMA, COLABORADORAS DE ESPAZO LECTURA, CONTARON DOUS CONTOS MOI ESPECIAS... DE RATOS!!!

PRESENTACIÓN NOVIDADES

COMA TODOS OS ANOS, CHEGARON Ó COLE, LIBROS NOVOS:CIENTÍFICOS, AVENTURAS,MÚSICA,NOVELA.... PARA QUE TODOS OS ALUMN@S OS COÑEZAN, FIXEMOS UNHA PRESENTACIÓN NA BIBLIOTECA. FORON TODOS OS CICLOS EN DIFERENTES QUENDAS. UN PROFE EN CADA CICLO FIXO UNHA PRESENTACIÓN DALGÚN LIBRO OU COLECCIÓN E TAMÉN CONTARON UN CONTO. EN INFANTIL, VALENTÍN CONTOU "UNHA CASA A MEDIDA" E "UNHA FAMILIA NORMAL" DA COLECCIÓN DE CROCODILO E XIRAFA E TAMÉN "NICOMEDES O PELADO"; NO 1º CICLO, BELÉN PRESENTOU A COLECCIÓN DE BRUNILDA E CONTOU PARTE DUNHA HISTORIA SEN DESVELAR O FINAL; NO 2º CICLO, PINA PRESENTOU "O PODER DE AMABEL"; E NO 3º CICLO, BEA FIXO A PRESENTACIÓN DA COLECCIÓN "CÓDIGO CIENCIA"
 
 
 
 
 
 
 
 
EDUCACIÓN INFANTIL
 
 
 
 
 
 
2º CICLO PRIMARIA
 
 
 
3º CICLO PRIMARIA


MALALA

MALALA É UNHA MOZA PAQUISTANÍ QUE LOITA POLOS DEREITOS HUMANOS, ESPECIALMENTE POLOS DEREITOS DAS MULLERES. SUFRIU UN ATENTADO NO BUS ESCOLAR CANDO ÍA PARA A CASA E EMPOZOU ESTA LOITA. ESTE ANO 2013 FOI NOMINADA Ó PREMIO NOBEL DA PAZ. 

 

SAMAÍN 2013

O 30 DE OUTUBRO CELEBRAMOS O SAMÁIN CUNHA SESIÓN DE CONTACONTOS MOI ESPECIAL. OS NENOS DE INFANTIL ESCOITARON CINCO CONTOS QUE DAN MOITO MEDO: "ONDE VIVEN OS MONSTROS", "CARABUÑAS", "OS 3 BANDIDOS", "O SOUTO ESCURO E PERIGOSO" E "LOBOFEROZ".

OS NENOS DE 1º E 2º ESCOITARON "FANTASMAS NO CORREDOR" DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ.  

Distribuir contido