Skip to Content

Cambio na ruta de transporte do Telleiro

 

Carta remitida por O director xeral de Mobilidade

 

“Remitímoslles esta carta coa finalidade de mantelos informados sobre as novidades no transporte público en autobús que afectan ao seu centro educativo. E é que a partir do 23 de decembro botan a andar en varias zonas de Galicia 19 novos contratos, que se unen aos que xa están funcionando nestes momentos. O novo contrato de transporte que atende ao seu centro, supón que á volta das vacacións de Nadal, o 8 de xaneiro, o transporte escolar pasa a ser atendido a través do servizo de transporte integrado. A empresa adxudicataria que se fai cargo da súa prestación para o seu centro educativo é UTE XG-883, dentro do contrato de concesión XG883; Comarca do Baixo Miño e sur da comarca de Vigo. Para facilitar que a información sobre os cambios no transporte escolar cheguen con claridade a todas as pezas que conforman a comunidade educativa, a Xunta de Galicia mantén habilitado o sitio web Bus.gal.”    

 

No que respecta ao noso centro, esta nova empresa farase cargo só da liña de Telleiro  e non afecta para nada nin aos horarios nin a organización que tiñamos nos autobuses ata o de agora co protocolo covid. A nova empresa foi informada dos horarios das normas de subida e baixada e tamén do lugar que ocupa o alumnado dentro do autobús.

 

A Dirección.

 

 



page | by Dr. Radut