Skip to Content

NO MONTE

Varias alumnas e alumnos de 4º de Primaria fixeron esta composición musical relacionada co noso Proxecto Anual. Desta volta quixeron facer un brinde polo noso medio natural, en concreto polo noso benquerido monte. A inspiración atopárona nas saídas dos martes a Pedra Moura. Aquí vos deixamos o texto así como unha gravación caseira que agardamos que desfrutedes.

 

NO MONTE

No monte, no monte, no monte, no monte.
Hai plantas que pinchan.
As árbores se moven.
Estou nunha pedra,
mirando ao horizonte.

No monte, no monte, no monte, no monte.
Hai plantas que pegan,
e non se despegan.
Hai moitos bichiños,
algúns pequeniños,
outros son grandes
e outros xigantes.

No monte, no monte, no monte, NO MONTE!!!

 

Adriana, André, Ángel, Martina, Olivia.

AdxuntoTamaño
NO MONTE.mp3726.71 KB


page | by Dr. Radut