AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR INFANTIL CURSO 20-21.

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS POR SITUACIÓNS DE EMERXENCIA SOCIAL PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR DE EDUCACIÓN INFANTIL ( NENOS/AS DE 3 A 5) PARA O CURSO 2020-2021 DO CONCELLO DE GONDOMAR DESTINADO A ALUMNOS/AS MATRICULADOS NOS CEIP DO MUNICIPIO E CRA DENDE O 1 ATA O 30 DE XUÑO.

 

O Departamento de Benestar Social do Concello de Gondomar, que dirixe a Concelleira Nuria Lameiro Valverde, abre o prazo de presentación de solicitudes de AXUDAS POR SITUACIÓNS DE EMERXENCIA SOCIAL para a adquisición de material escolar de EDUCACIÓN INFANTIL, (NENOS/AS de 3 a 5 anos ) dirixidas as familias en situacións de vulnerabilidade, para o curso 2020-2021 destinadas a alumnos matriculados nos centros escolares do Concello e pertecentes ao CRA (Colexio Rural Agrupado).

As familias interesadas poden solicitar INFORMACIÓN E CITA PREVIA no Departamento de Benestar Social no teléfono 986360168.

O prazo para presentar estas solicitudes estára aberto dende o 1 ata o 30 de Xuño.

 

Dpto. de Benestar Social do Concello de Gondomar