CELEBRAMOS O SAMAÍN/HALLOWEEN

O día 31 de outubro  pola tarde  celebramos o SAMAÍN, esta festa tan terrorífica que ten orixe celta e que noutros lugares do mundo como EEUU, Irlanda, Canadá...se coñece co nome de HALLOWEEN.

Fixemos unha exposición na entrada do colexio con todas as cabazas participantes no concurso que  organizamos e para o que pedimos a colaboración das familias, e claro, resultou todo un éxito!

      

      

      

Estivemos vendo uns vídeos e cantando unhas cancións sobre esta festa na sala de vídeo


A profe de inglés organizou a elaboración dun mural colectivo: A CASA FANTASMAGÓRICA e quedou moi ben, 

      

 

xa luce nun dos corredores do cole....

Para rematar a celebración fíxose a entrega de premios do concurso de cabazas.

Estivo moi dificil...así foi que se entregaron 12 premios desde a máis orixinal ata a máis terrorífica, un detalle para todos/as os participantes e moitos doces para todos/as.

Estas son as fotos dos premiados pero se pinchades no seguinte enlace FOTOS poderedes ver todas as fotos deste día.