Skip to Content

Aula Virtual Solanas

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Orientación

FONDO DE RECURSOS DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

    Un dos obxectivos prioritarios do noso Plan de Orientación consiste en proporcionar as ferramentas educativas que estean ao noso alcance á comunidade escolar.

    Consideramos por tanto que o fondo de recursos bibliográficos e informáticos do noso Departamento debe estar ao servizo de todos, co fin de:

  • potenciar o seu caracter dinamizador como elemento de desenvolvemento educativo e social
  • converterse nun grande centro de formación e información para a comunidade escolar
  • favorecer a participación activa do alumnado, profesorado, familias e contorna en xeral

Para facilitar este intercambio estamos a poñer en marcha un servizo de préstamo

VISITA AO IES A SANGRIÑA DO ALUMNADO DE 6º PRIMARIA

Nuns días, o alumnado de 6º Primaria remata o seu paso polo noso colexio. Novas aventuras comezan para eles/elas no instituto.

Fai uns días foron a coñecer as súas instalacións e algúns dos seus profesores/as.

 

PINTADO DE BANCOS NO PATIO DE PRIMARIA

No CEIP Plurilingüe As Solanas – Nicolás Gutiérrez Campo, lévanse a cabo diferentes actividades para a mellora da convivencia. Entre elas, xa fai uns anos que co alumnado puxemos en funcionamento un proxecto de mediación entre iguais. Durante 5º de primaria fórmanse en emocións, habilidades sociais e na resolución de conflitos e en 6º de primaria convírtense nos responsables de mediar ante conflitos no patio.

Este curso, coa colaboración de Tamara Baz, artista local de A Guarda, deseñouse un BANCO DE MEDIACIÓN, que se utilizará como recuncho para resolver os conflitos coa técnica “boca-orella”.

Ademais, construíuse tamén un BANCO DA AMIZADE, que servirá para que o alumnado que ten dificultades para relacionarse poida buscar o apoio dalgún compañeiro/a na hora do patio e xogar.

 

AS EMOCIÓNS EN 3ºA DE PRIMARIA

As emocións son reaccións que experimentamos: alegría, medo, ira, tristeza... 

A profe María traballa cos nenos e nenas de 3ºA de primaria cales sinten, cales coñecen, cales gustan ou non...

Aquí podedes ver o resultado:

 

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO CURSO 2020/2021.

 

Dende o 9 de agosto ata o 30 de setembro está aberto o prazo para solicitar as axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que cursen ensinazas de infantil ou primaria neste curso 2020/2021.

No seguinte enlace, podedes acceder á web do Ministerio de Educación e obter toda a información relativa a estas axudas:

 

TIPOS DE BECAS ANEAE

REQUISITOS

 

A modo de resumo, o alumnado que poderá solicitar estas becas será o alumnado que conte con informe no que se ditamine que esté nalgunha das seguintes situacións: DISCAPACIDADE; TRASTORNO GRAVE DE CONDUTA; TRASTORNO DO ESPECTRO AUTISTA; ALTAS CAPACIDADES.

 

As familias que teñades fillos/as nalgunha destas situacións, acudide ao gabinete ao que asiste para que vos axuden a tramitalas. Se tedes algunha dúbida, chamade por teléfono ao cole a partir do día 1 de setembro para solicitar información ou ben escribide un email ao seguinte correo electrónico: doceipsolanas@gmail.com.

Os/as que queirades realizar a tramitación de maneira telemática dende a vosa casa, podedes facelo no seguinte enlace:

 

SOLICITAR BECA ANEAE

 

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN 19/20

O Departamento de Orientación para este curso 2019/2020 no noso cole, está formado por tres especialistas que desempeñan as súas funcións, nalgúns casos, compartidas con outros centros.

- Unha especialista en Pedagoxía Terapéutica con horario completo no CEIP Plurilingüe As Solanas-Nicolás Gutiérrez Campo.

- Unha especialista en Audición e Linguaxe con horario compartido co CEIP A Sangriña e a EEI da Gándara, que acude ao noso centro os luns e venres completos e os mércores de 9 a 12 horas.

- Unha orientadora con horario compartido co CEIP Manuel Rodríguez Sinde, presente no noso centro os luns, mércores e venres, ademais de 3 martes pola tarde ao mes.

Para calqueira dúbida ou consulta, podedes solicitar unha cita para falar con calquera delas, estaremos encantadas de axudarvos!

 

 

Visita ao IES A Sangriña de 6º de Primaria

     
  O alumnado de 6º de ED. Primaria acudiron ao IES A Sangriña para familiarizarse co que será o seu novo centro de estudos a partir de setembro. Alí coñeceron ao equipo directivo, a orientadora e as instalacións, incluídos laboratorios e os talleres.  
  x  
     

Mundo de cores

       
  O venres, 11 de maio, o alumnado de 5º participou nunha actividade levada a cabo polo Departamento de Orientación, chamada "mundo de cores". Tratábase de facer conscientes aos alumnos e alumnas da importancia de axudarse e de acoller aos que son diferentes porque nos poden aportar cousas novas. Esta actividade ó programa"CA-AC" (Cooperar para aprender, aprender para cooperar) da Universidade de Vic.  
     
     
     
   
     

O paso de primaria a secundaria.

00/00/
Array

O martes 8 de maio tivo lugar no centro unha reunión para as familias do alumnado de 6º de educación primaria.

Falamos do cambio de etapa e da organización da educación secundaria obrigatoria.

Aquí tedes a presentación con toda a información, se tedes algunha dúbida, poñédevos en contacto coa titora ou coa orientadora.

 

 

Cortos de Valores _Academia de especialistas

     
 

O luns, 29 de maio, toda primaria visualizou o corto "Academia de especialistas" sobre o que despois fixeron un obradoiro.

Coma as outras veces, esta actividade ven organizada dende o Equipo de Orientación. 

 
     
   
     
   
     
  A mesma actividade foi realizada polo alunado de Ed. Infantil o venres 2 de xuño.
 
   
     
Distribuir contido


by Dr. Radut