Durante o primeiro trimestre, cada aula traballou o valor da amizade mediante a curtometraxe "Monsterbox".
@s nen@s de Ed. Infantil elaboraron unhas casiñas para meter palabras de amizade que escribiron @s alumn@s de Primaria. Estas palabras están repartidas polo colexio para que, quen queira, poda coller unha.
O venres, día 1 de decembro, celebramos no colexio o Día da Discapacidade co que tratamos de dar visibilidade ás problemáticas coas que se encontras as persoas que teñen algunha discapacidade no seu día a día.
Estamos a realizar no colexio o Obradoiro Proxecto Empatía realizado por Chelu e Patri da Asociación ARELA, co fin de concienciar ao alumnado sobre as desigualdades existentes entre homes e mullerer, e como estas se transmiten de xeito inconsciente ás novas xeracións. E que depende de nós cambiar iso!
@s alumn@s de 5º de Ed. Primaria levaron a páctica unha didámica para traballar o concepto de equipo coas súa importancia de cara ao traballo colaborativo.
Na semana do 25 ao 29 de setembro completamos a actividade de "O ladrón de palabras cunha serie de visitas por grupos á Residencia Monte Tecla, onde cada alumn@ puido gardar os seus recordos no Bunker que alí tiñan ata o ano próximo.
O mércores, 20 de setembro, adiantándose ao Día do Alzheimer, tivemos no colexio a psicóloga, a educadora e a directora da Residencia Monte Tecla. Estivéronnos contando a historia de Marta, unha muller enferma de Alzheimer, do conto "O ladrón de recordos".
O mércores, 21 de xuño, tivo lugar no noso cole a II Convivencia CEIP As Solanas.
Nesta actividade os nen@s, por equipos heteroxéneos, realizaron todas as tarefas propostas nos distintos obradoiros, coa finalidade principal de convivir, axudándose tod@s mutuamente.
Foi unha mañá longa e traballosa pero moi gratificante.
O mércores 21 de xuño tivo lugar no noso cole a II Convivencia CEIP As Solanas.
Nesta actividade os nen@s, por equipos heteroxéneos, realizaron todas as tarefas propostas nos distintos obradoiros, coa finalidade principal de convivir, axudándose tod@s mutuamente.
Foi unha mañá longa e traballosa pero moi gratificante.