Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Equipo de Convivencia

Axudantes dos Patios dinámicos

     
   Este ano @s nen@s de 5º de Primaria están a colaborar nos Patios Dinámicos coma axudantes, e están a realizar unha gran labor!  
   
     

Día da Discapacidade 2018

     
 

Aínda que cunha semana de atraso por mor das chuvias, o alumnado de Solanas conmemorou o Día da discapacidade cunha serie de xogos cos que se pretendía que @s nen@s tomasen conciencia dos problemas aos que se enfrentas no seu día a día as persoas con algunha discapacidade.

O resultado foi moi interesante.

 
   
     
   
     

DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS/AS

      
 

O 20 de Novembro celebramos o Día Dos Dereitos dos nenos/as, cada aula encargouse de investigar sobre unha muller exemplo de superación na súa infancia e que fixo algo conmemorable xa na vida adulta.

 
   
     

Día da diabetes

     
 

O día 14 de nomembro foi o Día Mundial da diabetes. E no colo quixemos por o noso gran de area na concienciación desta enfermidade, con globos azuis na entrada e lazos conmemorativos.

 
 

 

 
     

Convivencia Solanas Setembro 2018

     
 

O pasado venres realizamos unha convivencia entre todo o alumnado do centro co fin de que se coñezan mellor e poidan relacionarse con maior solvencia. A actividade consistiu en reunirse en parellas grupos, de acordo a unhas premisas de animal e cor, sen poder falar.

 
     

Día dos bicos 2018

      
  Celebración do Día dos bicos coa representación, por parte do alumnado de 6º de primaria porlas aulas, do libro de Rocío Bonilla: De qué cor é un bico.  
 
 
     

Día do autismo

     
 

 O día 2 de abril conmemórase o Día do Autismo. Como non era lectivo pero nós queriamos celebralo igual, pasamos a data para o venres 6 de abril.

Aquí temos unhas imaxes desa celebración.

 
     
  xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx  
     

Celebración do Día do Síndrome de Down

     
 

O Día 21 de marzo celebrouse o Día do Síndrome de Down que pretende dar visibilidade a este colectivo.

Dende o Colexio elaboramos un mural acróstico con palabras da natureza ou das árbores debido a que ese día tamén se conmemora o inicio da primaveira e o Día da árbore.

 
 
 
     
   
     

Conmemoración do Día do Cancro Infantil (15-2-2018)

       
 

O 15 de febreiro celebrábase o Día do Cancro Infantil. Dende o colexio o conmemoramos cunhas pegatinas e un acto colaborativo coa asociación "Bicos de Papel". Por mor da chuvia este último acto tívose que aprazar ata o luns.

Aquí podedes ver o resultado!

 
     
 
 
     
 
 
     

"Mensaxes de auga"

Distribuir contido


by Dr. Radut