Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Equipo de Convivencia

DÍA DO AUTISMO.2 abril

Este ano no "Día da Concienciación sobre o Autismo" pedímos a colaboración da comunidade educativa. Tiñamos que facernos una fotografía portando un obxecto

"PODO APRENDER, PODO TRABALLAR"

 

8M- DÍA DA MULLER

O 8 de marzo conmemoramos o Día da muller para conseguir un mundo igualitario para todos e todas.

 

DÍA DA PAZ 2021

O 30 de xaneiro é o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.

Este ano o conmemoramos creando cada neno/a o seu Violentovirus formado polas nosas preocupacións, medos e fustracións.

Ademáis dos compoñentes necesarios para a vacina da paz: respecto, amizade, saber escoitar...

 

3 de decembro: Día da discapacidade.

O 3 de decembro conmemorouse o "Día da discapacidade".

As mestras especialistas do Departamento de orientación coa axuda da mestra Lucía de infantil e da mestra Iris, encargáronse de sensibilizar ao alumnado sobre esta temática da seguinte maneira:

En infantil visualizaron o conto "El cazo de Lorenzo" e seguidamente fixeron un mural co cazo que cada neno e nena fixo.

 

 

 

 

En 1º e 2º de primaria tentaron debuxar cos ollos pechados.

 

 

En 3º e 4º de primaria visualizaron un conto signado sen audio e crearon os seus nomes con lingua de signos.

 

 

En 5º e 6º de primaria fixeron un ditado coa man non dominante e logo tentaron ler o que escribiron.

 

 Ademais, a mestra Iris fixo co alumnado de 5º e 6º un mural.

 

 

 

 

 

DIA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

 

Este ano, para reivindicar a violencia de xénero, o alumnado de Solanas colaborou co CIM da Guarda na elaboración dunha silueta de muller para  participar na exposición "sempre vivas".

 

 

 

 

Aquí tedes o proceso de elaboración

 

 

 

Ademais, sacásmoslle tarxeta vermella á violencia machista para facer o noso particular póster reivindicativo coma cada ano.

 

 

DIA MUNDIAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

O 20 de novembro conmemórase o Día Mundial dos Dereitos da Infancia.

En Solanas, visionamos a canción "temos dereitos" e cada aula elaborou un mural cos dereitos para expoñer en cada unha das aulas e recordarnos sempre que os nenos e nenas temos dereitos.

 

 

DIA MUNDIAL DA DIABETE

Este curso celebramos o Día Munial da Diabete cun conto en 1º de primaria chamado "Marta y Miguel tienen diabetes" ademais do visionado dunha curtametraxe en todas as aulas titulado "Carol tiene diabetes".

Ademais, a entrada do cole vestiuse de círculos azuis grazas á recolecta destes por parte das familias e que doaremos ao banco de tapóns da nosa vila.

 

 

DIA MUNDIAL DO SINDROME DE SMITH-MAGENIS

O 17 de novembro celébrase o Día Mundial do Síndrome de Smith-Magenis, e o alumnado e profesorado de Solanas queren ensinarvos como se di!

 

Traballamos as emocións

      
  TRABALLAMOS AS EMOCIÓNS  
     
     

Convivencia en San Xerome

     
 

O alumnado de 6º de Infantil e 1º de Primaria acudiu ao colexio San Xerome para facer unha convivencia co alumnado dese centro. A experiencia foi moi agradable e interesante para tod@s.

 
   
     
Distribuir contido


by Dr. Radut