Skip to Content

Aula Virtual Solanas

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

PINTADO DE BANCOS NO PATIO DE PRIMARIA

No CEIP Plurilingüe As Solanas – Nicolás Gutiérrez Campo, lévanse a cabo diferentes actividades para a mellora da convivencia. Entre elas, xa fai uns anos que co alumnado puxemos en funcionamento un proxecto de mediación entre iguais. Durante 5º de primaria fórmanse en emocións, habilidades sociais e na resolución de conflitos e en 6º de primaria convírtense nos responsables de mediar ante conflitos no patio.

Este curso, coa colaboración de Tamara Baz, artista local de A Guarda, deseñouse un BANCO DE MEDIACIÓN, que se utilizará como recuncho para resolver os conflitos coa técnica “boca-orella”.

Ademais, construíuse tamén un BANCO DA AMIZADE, que servirá para que o alumnado que ten dificultades para relacionarse poida buscar o apoio dalgún compañeiro/a na hora do patio e xogar.

 

AdxuntoTamaño
Pintado bancos patio 2021_Pequeño.mp446.13 MB


page | by Dr. Radut