Skip to Content

Aula Virtual Solanas

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

ELECTRICIDADE E MAGNETISMO.6º PRIMARIA.CIENCIAS SOCIAIS

A electricidade estática é un tipo de electricidade que fai que algúns corpos se atraian ou se repelan. A atracción dos cabelos ao peitearnos sucede porque os corpos se electrizan ao fretalos, manifestan unha carga eléctrica.

O alumnado de sexto experimentou coa electricidade estática con diferentes obxectos da aula.

A corrente eléctrica débese a un movemento continuo de cargas eléctricas. Para que este ocorra, é necesario un circuito eléctrico. Durante unha sesión de ciencias sociais estivemos construíndo noso propio circuito eléctrico.

 

O magnetismo é a capacidade das pedras con magnetita de atraer algúns metais. Os imáns son obxectos que teñen esta propiedade. Estivemos experimentando de xeito divertido esta propiedade da materia.

 

AdxuntoTamaño
Electricidade estática.6ºP.2021.mp434.2 MB
Teoría circuitos 6ºP.2021_Medio.mp417.42 MB
Magnetismo.6ºP.2021_Medio.mp4150.74 MB


page | by Dr. Radut