Skip to Content

Aula Virtual Solanas

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO CURSO 2020/2021.

 

Dende o 9 de agosto ata o 30 de setembro está aberto o prazo para solicitar as axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que cursen ensinazas de infantil ou primaria neste curso 2020/2021.

No seguinte enlace, podedes acceder á web do Ministerio de Educación e obter toda a información relativa a estas axudas:

 

TIPOS DE BECAS ANEAE

REQUISITOS

 

A modo de resumo, o alumnado que poderá solicitar estas becas será o alumnado que conte con informe no que se ditamine que esté nalgunha das seguintes situacións: DISCAPACIDADE; TRASTORNO GRAVE DE CONDUTA; TRASTORNO DO ESPECTRO AUTISTA; ALTAS CAPACIDADES.

 

As familias que teñades fillos/as nalgunha destas situacións, acudide ao gabinete ao que asiste para que vos axuden a tramitalas. Se tedes algunha dúbida, chamade por teléfono ao cole a partir do día 1 de setembro para solicitar información ou ben escribide un email ao seguinte correo electrónico: doceipsolanas@gmail.com.

Os/as que queirades realizar a tramitación de maneira telemática dende a vosa casa, podedes facelo no seguinte enlace:

 

SOLICITAR BECA ANEAE

 

AdxuntoTamaño
CONVOCATORIA E.E. 20-21 firmada texto.pdf173.89 KB


page | by Dr. Radut