Skip to Content

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO

886110075

Histórico centro

Premiados no concurso Creando Rural 2019

     
 

Os dous proxectos realizados no colexio para o concurso Creando Rural foron premiados.

O alumnado de 4º e 6º de Ed. Infantil acudirá a granxa "Corazón de carballo"(Tomiño) o vindeiro 15 de maio. Alí os nenos e nenas realizarán diversas actividades relacionadas co medio rurale coa adquisición de valores implicados na convivencia, no traballo en equipo, na colaboración e o respecto.

E o alumnado de  de 1º de Primaria acudirá a FervenzAventura (Silleda) o vindeiro 28 de maio. Este parque é unha combinación de aventura e natureza para aprender o valor da riqueza natural da contorna e a necesidade do seu coidado a través de actividades de educación ambiental e aventura.

 
 

 
     

IV Feira do Libro de Solanas

     
  O pasado venres, 10 de maio, tivo lugar a IV Feira do Libro de Solanas onde, tanto o alumnado coma as súas familias, poideron intercambiar libros.  
   
     

Exposición do Camiño de Santiago

     
  Un ano mais, os equipos de Dinamización da contorna, organizaron a exposición de arte. Este ano estivo baseada na temática do Camiño de Santiago pola costa, que pasa pola nosa vial.  
   
   
   
     

Concerto das Letras Galegas con Magín Branco

     
  O mércores, 15 de maio, acudimos ao auditorio de San Bento, convidados polo concello, para asistir ao concerto de Magín Blanco.  
   
     

Excursión á granxa "Corazón de Carballo"

     
 

O alumnado de 4º e 6º de Ed. Infantil disfrutaron o pasado 15 de maio dunha excursión moi especial, visitaron a granxa Corazón de Carballo, en Tomiño, como premio do concurso "Creando Rural".Foi un día moi especial para tod@s!

 
   
     

II Concurso de fotografía de Solanas

     
  O II Concurso de fotografía de Solanas, realizado este ano, tivo a temática "Eu no camiño de Santiago" e aquí podedes ver as fotografías participantes.  
   
     

Día das Letras Galegas 2019 en Solanas

     
 

Para a celebración do Día Das Letras Galegas 2019 este ano tivemos en Solanas duas actividades:  unha chocolatada á que nos convidou a ANPA e un concerto a cargo do grupo de pandereteiras Coiro Vello. Foi todo un luxo para nós disfrutar destas dúas actividades.

Esperamos que se poidan repetir en vindeiros anos!

 
     
   
     
   
     

Menú do comedor escolar - Xuño 2019

      
   Menú do comedor escolar de  xuño, 2019  
     
     

Competicións de Atletismo 2019

     
  O alumnado de 5º de Ed. Primaria participou  
     

Creando rural_FervenzAventura

     
  O alumnado de 1º de Ed. Primaria disfrutpu dunha emocionante xornada en FervenzAventura, como gañadores do concurso: Creando Rural 2019  
   
     


by Dr. Radut