BENVIDOS/AS AO TERCEIRO TRIMESTRE!!

Ola a todos e todas!!

Hoxe comeza un trimestre diferente, no que se bota de menos o bullicio dos nenos/as, das mestras/es e de todo o persoal que forma o colexio. Faltan eses "bos días!" cos que sempre comezamos, e seguro que os pais/nais e alumnos/as tamén o botedes en falta. A todos/as nos encantaría poder volver a nosa rutina... Polo momento non pode ser, así que debemos armarnos de paciencia e tranquilidade e afrontar esta nova situación da mellor forma posible. Agora, máis que nunca, os esforzos deben centrarse en procurar unha boa convivencia familiar, na que non falte unha conexión emocional forte cos nosos fillos/as, o que lles aportará seguridade e benestar.  

Nuestros hijos estan haciendo su parte,... - Latin Working Mommy ...

Déixovos unha guía aos pais e nais para o acompañamento emocional na infancia durante o período de confinamento que, se tedes un ratiño, podedes ler e reflexionar se vos parece interesante.

GUÍA ACOMPAÑAMENTO EMOCIONAL

Conto "Rosa contra o virus" que aparece na guía. Pincha na imaxe:

Cuento gratuito "Rosa contra el virus", un cuento para explicar el ...