Curso 2016-17

ENTROIDO 2017

Todo estaba preparado para festexar un ano máis a festa do Entroido.

Os disfraces feitos, os desfiles preparados e sobre todo, nenos e maiores tíñamos moitas ganas de troula. As comparsas deste desfile xiraron entorno ó tema das  Emocións. No seguinte vídeo podedes ver fotos das diferentes comparsas e no segundo, as actuacións enteiras de todos os ciclos. 

Esperámosvos o  ano que vén!

 

Video fotos Entroido 2017 from librincios on Vimeo.

AS ORDES DO MECO 2017

Xa está de volta o Meco mandón! Este curso está ambientado  en  Os homes de gris, da obra de Michael Ende, Momo. 

          

Mañá xoves o Meco manda traer unhas bágoas de emoción, un corazón e un chaleco reflector. Este Meco mandón acumula dun día para outro. 

 

 

Participación no Proyecto Colaborativo Con Vigo Tablets

Durante o curso pasado tivemos a oportunidade de ter no centro a maleta viaxeira do CFR de Vigo cargada de Ipads . Con eles realizamos numerosas actividades e todos descubrimos que cas novas tecnoloxías non só se pode xogar senón INVENTAR, CREAR,COLABORAR.

Hoxe, dende o CFR, publican un pequeno artigo sobre as diferentes experiencias que realizamos durante esas dúas semanas no CEIP Serra Vincios

GRAN CESTA DE ENTROIDO!

CLICA NA IMAXE PARA VELA MÁIS GRANDE: 

Gañador da Cesta de Nadal

E xa estamos a 22, día do sorteo da Lotería, que este ano rematou en 513,

así que xa temos ao gañador da rifa da gran cesta de Nadal do colexio para axuda da viaxe de fin de curso de 5º e 6º.

E o agraciado foi: Agustín Freiría Alonso.

NORABOA!!

FESTIVAL NADAL 2016

A postal de Nadal gañadora do concurso 2016 foi para o alumno de 1ºEP, MARTIÑO ÁLVAREZ DOMÍNGUEZ.

Parabéns Martiño, orixinal e bonita postal!!!

 

Fotomontaxe do Festival de Nadal:

Fotomontaxe Nadal from librincios on Vimeo.

A continuación podedes ver as marabillosas actuacións de todos os cursos:

 

Recomendacións Apps

Chega o Nadal, e con el, unha morea de regalos e tempo para poder xogar con eles.

Dende o Equipo Tic do centro desexámosvos un Bo Nadal, e para que o pasedes ben nestas festas, deixámosvos unhas Apps moi divertidas

 

 

 

O magosto no Galiñeiro

O pasado 15 de Novembro festexamos todos o Magosto, e como cada ano fixemos unha camiñata ata o Monte Galiñeiro e gozar co Outono

 

O magosto 2016 from librincios on Vimeo.

Samaín 2016

Sapos e demos.

Bruxas e morcegos.

Esqueletos e defuntos.

Mortes que aínda andan.

Pantasmas que se arrastran

Levade aos estudantes

lacazáns e protestóns 

tamén ao mestres 

repugnantes e chillóns 

a habitación terrorífica

UAAAAA!!

Exposición cestas 2016 from librincios on Vimeo.

Exposición de cabazas 2016 from librincios on Vimeo.

Distribuir contido