Iniciar sesión: Acceso

Últimas novas

PUBLICADOS OS BOLETÍNS DE ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 25-5-2020 AO 31-5-2020

Seguimos traballando a través dos Boletíns de actividades publicados no Blog da Biblioteca e nesta páxina web. 

Picando na seguinte imaxe atoparades as actividades desta semana...

No enlace atoparades todo o material dividido en 3 grandes grupos:

EDUCACIÓN INFANTIL

- EDUCACIÓN PRIMARIA

- ACTIVIDADES PARA O TEMPO DE LECER (ESPECIALIDADES)

Como poderedes ver, en cada unha das entradas publicadas aparecen as direccións de correo electrónico de cada un dos profes. Non dubidedes en consultar aquilo que necesitedes ou non entendades.

Tal como dictaminaron as instruccións da Xunta de Galicia (Educación) é o medio que habilitou o noso cole para poder establecer as consultas que se precisen e manter unha comunicación de xeito telemático con cada un e unha de vós.

Lembrade que o horario establecido é o do horario lectivo habitual: de luns a venres de 09:30 h a 14:30h.

E se queredes estar informados á última de todo o que acontece no noso cole só tendes que picar e seguir o noso blog...

 

 AS PEGADAS DE ARNALDO

ENTREGA E RECOLLIDA DE MATERIAL DO ALUMNADO DO CENTRO

 PROTOCOLO DE ENTREGA E RECOLLIDA DE MATERIAL DO CENTRO ESCOLAR

Material a recoller: (Bucar no centro): zapatillas deportivas,…

Material a entregar: (traer da casa): Libros do fondo solidario, libros da biblioteca,..

En horario de mañá, cada titora programará citas previas nunha hora a concretar coas familias.

Por motivos de organización do centro o tempo máximo de atención a cada familia será de aproximadamente 15 minutos.

Poderá vir ao centro o alumno/a dese curso con adulto acampañante. Para o acceso dos mesmos ao centro será imprescindible o uso de mascarilla. Respetán as medidas de protección e hixiene establecidas polo centro educativo.

Haberá unha zona de entrada e outra de saída claramente definidas, e hidroxeles para usar ao entrar e saír do edificio escolar.

Accederán ao interior edificio-aula no momento en que se lle  sexa indicado. Non accederá ao interior do centro ninguén que non sexa avisado.

No caso de coincidir varias familias no mesmo momento dentro do recinto escolar, manterase en todo momento a distancia de seguridade (2 metros).

Non está permitido deambular por outros espazos do recinto escolar.

 Datas asignadas para cada titoría:

Luns 1 xuño

Profe Mª José (6º Educación Primaria)

Martes 2 xuño

Profe Bea Picos (2º Educación Primaria)

Mércores 3 xuño

Profe Nati (1º Educación Primaria)

Xoves 4 xuño

Profe Ana Ogando (6º Educación Infantil)

Venres 5 xuño

Profe Graciela (3º Educación Primaria)

Luns 8 xuño

Profe Bea Rey ( 4º Educación Infantil)

Martes 9 xuño

Profe Paloma ( 4º Educación Primaria)

Mércores 10 xuño

Profe Mª Carmen (5º Educación Infantil)

Xoves 11 xuño

Profe Cris (5º Educación Primaria)

 

Seixo, 22 de maio de 2020

A Dirección

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

 Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21

 

 Prazo para presentar solicitudes

  • O prazo para presentar solicitudes iníciase o día 20 de maio e rematará o día 19 de xuño de 2020 (este incluído).
  • O alumnado que, unha vez transcorrido o prazo indicado, se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos procedente de fóra de Galicia ou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos poderá presentar a solicitude no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte á formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2021.
  • O alumnado de 6º de Primaria que vai ao instituto deberá poñerse en contacto co Instituto de destino para a presentación da solicitude.

 

Recoméndase a presentación a través da sede electrónica, de ser preciso presentala no centro traerase sempre que sexa posible cuberta e firmada, e se solicitará cita para acudir ao centro para a súa presentación a través do teléfono 886151350 ou correo electrónico ceip.seixo@edu.xunta.es. Non se atenderá a ninguén que non solicitara cita previamente.

 

Anexo I y II

Acceso Sede Electrónica

Documentación que acompañará á solicitude

 

A Dirección

 

PUBLICADOS OS BOLETÍNS DE ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 19-5-2020 AO 21-5-2020

Seguimos traballando a través dos Boletíns de actividades publicados no Blog da Biblioteca e nesta páxina web. 

Onte non publicamos boletíns porque era un dos días non lectivos deste curso, e aínda que estamos traballando dende a casa, tamén se agradece alongar a fin de semana.

Picando na seguinte imaxe atoparades as actividades desta semana...

No enlace atoparades todo o material dividido en 3 grandes grupos:

EDUCACIÓN INFANTIL

- EDUCACIÓN PRIMARIA

- ACTIVIDADES PARA O TEMPO DE LECER (ESPECIALIDADES)

Como poderedes ver, en cada unha das entradas publicadas aparecen as direccións de correo electrónico de cada un dos profes. Non dubidedes en consultar aquilo que necesitedes ou non entendades.

Tal como dictaminaron as instruccións da Xunta de Galicia (Educación) é o medio que habilitou o noso cole para poder establecer as consultas que se precisen e manter unha comunicación de xeito telemático con cada un e unha de vós.

Lembrade que o horario establecido é o do horario lectivo habitual: de luns a venres de 09:30 h a 14:30h.

E se queredes estar informados á última de todo o que acontece no noso cole só tendes que picar e seguir o noso blog...

 AS PEGADAS DE ARNALDO

PUBLICADOS OS BOLETÍNS DE ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 11-5-2020 AO 17-5-2020

Seguimos traballando a través dos Boletíns de actividades publicados no Blog da Biblioteca e nesta páxina web. 

Picando na seguinte imaxe atoparades as actividades desta semana...

No enlace atoparades todo o material dividido en 3 grandes grupos:

EDUCACIÓN INFANTIL

- EDUCACIÓN PRIMARIA

- ACTIVIDADES PARA O TEMPO DE LECER (ESPECIALIDADES)

Como poderedes ver, en cada unha das entradas publicadas aparecen as direccións de correo electrónico de cada un dos profes. Non dubidedes en consultar aquilo que necesitedes ou non entendades.

Tal como dictaminaron as instruccións da Xunta de Galicia (Educación) é o medio que habilitou o noso cole para poder establecer as consultas que se precisen e manter unha comunicación de xeito telemático con cada un e unha de vós.

Lembrade que o horario establecido é o do horario lectivo habitual: de luns a venres de 09:30 h a 14:30h.

E se queredes estar informados á última de todo o que acontece no noso cole só tendes que picar na seguinte imaxe e seguir o noso blog...

 AS PEGADAS DE ARNALDO

RESTABLECEMENTO DO PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2020-2021

RESTABLECEMENTO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2020-2021

 Segundo a Resolución de 5 de maio de 2020, restablécese o procedemento de admisión do alumnado polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de maneira que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e finalizará o día 18 do mesmo mes. Establécense os seguintes prazos para a tramitación do procedemento de admisión e de matrícula do alumnado:

   

 PRESENTACIÓN SOLICITUDES DE ADMISIÓN

11 - 18 de maio

 PRESENTACIÓN DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA. BAREMO

(no caso de ser necesario baremar)

 

20 - 26 de maio no centro

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMISIÓN

8  de xuño

 RECLAMACIÓN

(3 días hábiles)

9 ao 11 de xuño

 LISTAXE DEFINITIVA DE ADMISIÓN

26 de xuño

 FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

1  ao  10 de xullo

 

Protocolo de Atención a Familias

O horario de atención será de 09:30 a 14:30h, de luns a venres, horario habitual do centro.

 1.A presentación da solicitude de admisión:

Poderá facerse:

·     vía online en: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/#

·  presencialmente, no propio centro, con cita previa (na secretaría do centro estarán á súa disposición: as solicitudes de admisión (ver documento adxunto), información e documentos necesarios).

 

Como solicitar a cita previa:

·       No correo: ceip.seixo@edu.xunta.gal

·       No teléfono: 886 151 350 – 886 151 349 - 696 107 027

 

2.   Cando acudas ao Centro, previa cita concertada:

  • Accederás ao mesmo pola cancela tras chamar ao timbre-porteiro.
  • Só unha persoa estará dentro do recinto escolar para presentar a documentación.
  • A atención administrativa realizarase, polas características do edificio do colexio, na entrada ao edificio principal. 
  • Haberá dúas mesas no exterior da porta onde se atenderá e que servirán a modo de mostrador.
  • Pregamos:
    • Veña só unha persoa, que NON traian nenos/as, e que todo o mundo que entre no recinto escolar leve mascarilla.
    • Traia o seu propio bolígrafo, a solicitude cuberta, na medida do posible, e as fotocopias da documentación necesaria para entregar. 

 

Teranse en conta as recomendacións sanitarias establecidas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional  para os procedementos de atención ao público nos centros educativos. 

 

 Aclaración sobre a publicación das listaxes do proceso de admisión do alumnado

As listaxes publicaranse, nas datas sinaladas anteriormente, nos taboleiros de información do interior do recinto educativo.

 

Para poder manter e garantir as medidas de protección e de seguridade das familias e dos traballadores/as do centro, NON se atenderá a ningunha persoa que non concertara a cita previamente.

 

Equipo directivo do CEIP de Seixo-Marin

PUBLICADOS OS BOLETÍNS DE ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 4-5-2020 AO 11-5-2020

Seguimos traballando a través dos Boletíns de actividades publicados no Blog da Biblioteca e nesta páxina web. 

Picando na seguinte imaxe atoparades as actividades desta semana...

No enlace atoparades todo o material dividido en 3 grandes grupos:

EDUCACIÓN INFANTIL

- EDUCACIÓN PRIMARIA

- ACTIVIDADES PARA O TEMPO DE LECER (ESPECIALIDADES)

Como poderedes ver, en cada unha das entradas publicadas aparecen as direccións de correo electrónico de cada un dos profes. Non dubidedes en consultar aquilo que necesitedes ou non entendades.

Tal como dictaminaron as instruccións da Xunta de Galicia (Educación) é o medio que habilitou o noso cole para poder establecer as consultas que se precisen e manter unha comunicación de xeito telemático con cada un e unha de vós.

Lembrade que o horario establecido é o do horario lectivo habitual: de luns a venres de 09:30 h a 14:30h.

E se queredes estar informados á última de todo o que acontece no noso cole só tendes que picar na seguinte imaxe e seguir o noso blog...

AS PEGADAS DE ARNALDO

PUBLICADOS OS BOLETÍNS DE ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 27-4-2020 AO 30-4-2020

Ao longo desta semana seguiremos traballando a través dos Boletíns de actividades publicados no Blog da Biblioteca e nesta páxina web. 

Picando na seguinte imaxe atoparades as actividades desta semana...

No enlace atoparades todo o material dividido en 3 grandes grupos:

EDUCACIÓN INFANTIL

- EDUCACIÓN PRIMARIA

- ACTIVIDADES PARA O TEMPO DE LECER (ESPECIALIDADES)

Como poderedes ver, en cada unha das entradas publicadas aparecen as direccións de correo electrónico de cada un dos profes. Non dubidedes en consultar aquilo que necesitedes ou non entendades.

Tal como dictaminaron as instruccións da Xunta de Galicia (Educación) é o medio que habilitou o noso cole para poder establecer as consultas que se precisen e manter unha comunicación de xeito telemático con cada un e unha de vós.

Lembrade que o horario establecido é o do horario lectivo habitual: de luns a venres de 09:30 h a 14:30h.

E se queredes estar informados á última de todo o que acontece no noso cole só tendes que picar na seguinte imaxe e seguir o noso blog...

AS PEGADAS DE ARNALDO

ORIENTACIÓNS PARA O TERCEIRO TRIMESTRE

Orientacións provisionais para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020 (á espera das instrucións da Consellería de Educación que determine o desenvolvemento académico deste terceiro trimestre do curso 2019/2020).

(VER DOCUMENTO ADXUNTO)

 

En tanto non se publique a correspondente norma cremos oportuno (posto que levamos xa 15 días de trimestre) dar unha resposta única e axeitada ao noso alumnado e ás súas familias para a terceira avaliación.

 

Dende o centro, estamos a facer un gran esforzo para poñer a punto este novo sistema, adaptándonos aos medios e recursos cos que contamos.

 

Tamén temos que ter en conta as diversas circunstancias de organización familiar, así como a diferente disposición de medios dixitais cos que contan as familias.

Pedímosvos tranquilidade e paciencia, cada familia deberá organizarse segundo as súas condicións (horarios, disposición de medios, intensidade de traballo...)

 

Seguimos a vosa disposición, para calquera cousa que precisedes e na que vos poidamos axudar, no correo: ceip.seixo@edu.xunta.gal e nos teléfonos: 886 15 13 50 --- 69610 70 27

 

A dirección e o Claustro de mestres/as

 

AVISO IMPORTANTE

Estimadas familias:

Primeiramente queremos tranquilizarvos ante un escenario diferente, tanto para vós como familias, como para todos/as os docentes. É unha realidade que tocounos vivir, difícil e triste para moitos.

Estamos á espera das instrucións da Consellería de Educación así como a Orde Ministerial que determine o desenvolvemento académico deste terceiro trimestre.

Manterémosvos informados das novidades que marquen e enviaremos información sobre como se vai levar a cabo concretamente no noso centro a través do blog, páxina web e AbalarMóbil.

Ata que ese momento chegue non publicaremos novos Boletíns de Actividades. É un bo momento para visitar outros Boletíns de Actividades xa publicados e seguir reforzando o traballado nas aulas coas tarefas de reforzo que xa se presentaron e aínda están por facer.

Continuamos a disposición no correo:ceip.seixo@edu.xunta.es. e nos telefonos: 886151350 - 886151349 - 696107027

 

A dirección e o Claustro de mestres/as

Distribuir contido