FESTIVAL DE NADAL 2014

OBRADOIROS: EXPLORANDO EUROPA

EDNL

Teatro en Inglés: A TRIP around THE WORLD

Un musical en inglés, viaxando, contando historias, visitando países, coñecendo costumes, aprendendo xeografía, cantando.

 

Interactivo, participativo, divertido, con sentido do humor e con risas.

 

Torneo de Voleibol... a toda máquina!

As xornadas de Voleybol os sábados están a tope con máis de 15 equipos participando, moito público nas gradas e o noso alumnado esforzándose por superarse e deixar o pavillón alto!. Asegúrovos que o ambiente é moi agradable.

 

Hoxe visitounos Fina Casalderrey

EDNL

 Disfrutamos coa visita da escritora Fina Casalderrey e ter unha oportunidade única de contarnos cousas, impresións, anécdotas e momentos co poder da palabra. Houbo moita expectación e o alumnado pediu asinar os seus libros. Aprender a escoitar.

 

OBRADOIROS sobre Europa: España

Organizáronse Obradoiros en moitos espazos do colexio con temas diferentes: Cociña, Bailes, Xeografía, Xogos, Monumentos...etc....Nesta primeira ocasión tocoulle a España...foi ameno, interesante, moi didáctico e moi ben organizado. Repetiremos....con outros países de Europa.

Unha experiencia na RADIO

BUENOS VÍAS CHARLIE!! unha emisora de radio local en FM 93:30 que veu ao noso colexio e os alumn@s de 2º e 4º de primaria grabaron un programa cheos de ilusión. E con moito sentido do humor. Moi Bem!.

Gracias a Charlie e Carlos...os locutores da emisora por facernos pasar uns momentos tan divertidos e ter unha experiencia inesquecíbel.                                                                                                                                          

OBRADOIROS DE COCIÑA. Escola de CHEFFs

A profe Pilar traballou nus obradoiros de cociña para aprender a facer unha Tortilla de Patacas. Os nenos e nenas aprenderon mogollón. Unha xeración preparada, claro que si. Por certo, a tortilla estaba perfecta...e sabrosísima. 

Empezamos os torneos de VOLEiBOL

O Pavillón do noso colexio vai facer de anfitrión para acoller os torneos de Voleibol nesta temporada 2014-2015. Estamos entusiasmados e hai moita ilusión.

Gracias ao traballo de Uxío e os equipos formados nas categorías de alevín e benxamín. Invitámosvos os sábados a animalos nun ambiente moi saudable.

XOGOS POPULARES

O Outono sempre foi un bó momento para recuperar xogos tradicionais como o TROMPO. O noso alumnado demostrou as súas habilidades na Festa do Magosto. 

                  Polo San Martiño....Buxainas ao camiño!!

EDNL

O MAGOSTO

Como disfrutamos na Festa  do Magosto....castañas e chourizos asados... Que ricooo! Xogos e cancións e refraneiro popular.

Concerto de Instrumentos Musicais Tradicionais (EDNL)

En colaboración coa Asociación de Veciños de Sárdoma e os Obradoiros de Musica Tradicional da Asociación do Carballo disfrutamos dunha sesión de concerto e algún alumno do colexio como Judith fixo demostración das súas habilidades tocando o piano. Foi unha experiencia moi agradable.

A Festa do Samáin 2014

   O xoves día 29 de outubro celebramos O Samáin con cancións, menús de bichos para os pequenos de Infantil, BoB Apple, refráns en galego e inglés, O Conxuro da Queimada, a pócima das bruxas, risas e con Edel que lle puxo un pouco de acento irlandés. Qué divertido!!...

Programación Actividades Complementarias 2018-2019

Levamos disfrutando de actividades que enchen a nosa vida escolar de experiencias e vivencias interesantes.

Este Plan de actividades está a ser continuamente actualizado porque saen propostas acotío.

Aínda quedan moitas experiencias que disfrutar ate final de curso.

NOVO CURSO ESCOLAR 2014-2015

O vindeiro curso escolar comezará o 10 de setembro.

 

O  autobús sairá ás 16:30h despoís do comedor.

VISITA Á ILLA SAN SIMÓN

Distribuir contido