Skip to Content

 

                           

Febreiro 2022

Entroido 4º Educación Infantil

Os nenos de tres aniños vivimos o noso primeiro entroido no cole e pasámolo xenial. Deixámosvos unha pequeniña mostra das actividades que realizamos ao longo destas semanas:fixemos antefaces, caretas, perrucas, diferentes xogos de entroido, cancións e bailes. Gozamos moito destes días.

Botade un ollo.

 

 

Osiño polar

Somos uns expertos nos polos! Esta vez fixemos un osiño polar. Para a súa elaboración picamos a súa boquiña, pintamos cun garfio e pintura branca a súa pelaxe e logo fomos pegando e colocando as partes. 

Cal será o seguinte animal que fagamos?  Guiño

Entroido

Así de ben o pasamos hoxe celebrando o entroido todos xuntos!

5º Ed. Infantil

Sabedes quen somos? Detrás destas máscaras estamos os nenos de 5º de Ed. Infantil.

Para facelas primeiro pintamos, picamos e botamos purpurina.  Para rematar decorámolas con brillantes de cores. 

6º Ed. Infantil

Mirade que chulas nos quedaron as nosas máscaras!  Primeiro pintámolas, botámoslles purpurina e lascas de cera de cores e colocámoslles uns pompóns e plumas Sorriso

Bonequiños de neve 5º Ed. Infantil

Así quedaron os nosos bonequiños de neve. 

Fixémolos con depresores que pintamos de branco e negro e logo fómoslles colocando as partes da cara e os adorniños.

Día de Rosalía

Onte, 23 de febreiro, celebramos o Día de Rosalía.

Álbum: CURSO 2021/22 -> 23F- Rosalía

Día da Paz

Por fin puidemos celebrar o Día da Paz, aquí vos deixamos un anaco do baile que fixemos!

 

Álbum: CURSO 2021/22 -> Día da Paz


by Dr. Radut