Skip to Content

 

                           

Xaneiro 2021

Viabilidade sobre a modificación de horario no CEIP SAN XOÁN de Becerreá para o curso 2021-2022

O Servizo de Recursos Educativos Complementarios informa que en resposta á solicitude sobre a modificación de horario para o vindeiro curso no CEIP San Xoán para o curso 2021/2022 emite informe desfavorable, xa que os contratos de transporte escolar están en proceso de licitación, debido á situación COVID.

Por tanto, suspéndese o proceso iniciado para o cambio de horario para o vindeiro curso.

 

 

 

Reunión Consello escolar

25/01/2021 16:45
Europe/Madrid

Día Internacional da Educación

Durante esta semana de xaneiro  os alumn@s de Educación Primaria e Infantil están traballando o conto de El lápiz mágico de Malala. O conto relata parte da vida de Malala Yousafzai e de como foi a súa infancia crecendo nun lugar destrozado pola guerra. Malala recibiu o Premio Nobel da Paz en 2014, pero segue loitando polos dereitos dos nenos e nenas.

A historia cóntanos que Malala cando era nena desexaba ter un lapis máxico para con el debuxar cousas que logo se fixeran reais. Decidiu converter aquel lapis máxico co que soñaba de nena nun lapis de verdade. Con el escribiría sobre os desafíos que ía atopando: homes armados que pecharon as escolas privadas e prohibiron ás nenas asistir a clase.

Con este libro aprendemos que hai outros lugares no mundo, diferentes ó noso. Nalgúns deses lugares os nenos e as nenas non son iguais, e ir á escola é un privilexio.  Deste xeito intentamos inculcar que un mundo mellor é posible evitando as diferenzas e fomentando a igualdade de oportunidades.

 

CONTO. Pica aquí

No seguinte vídeo podedes ver o que debuxaría na Educación o alumnado de 6º de Educación Infantil se tivera un lapis máxico. Pica na imaxe

 

Alumnado de 6º de primaria 

Durante anos, Malala loitou nun blogue cun  pseudónimo a favor da educación das nenas no Paquistán dominado polos talibán, pero logo de dous anos que cambiaron radicalmente a súa vida hoxe é a persoa máis nova en gañar o Premio Nobel da Paz.

A paquistaní de 17 anos converteuse nunha das voces máis fortes da educación infantil, en especial das mulleres en países onde o extremismo relixioso marxínaas desa oportunidade.

Pica na imaxe para ver o vídeo que fixeron os alumnos e alumnas de 6º de primaria

Preparándonos para o Día da Paz

Eliximos o día perfecto para practicar a Oda á alegría coas nosas frautas...vento, chuvia, aire, frío... Primeiro día despois do inicio do curso. Non pinta mal a cousa :)

 

Pinchade na imaxe para ver o vídeo



by Dr. Radut