Skip to Content

 

                           

Outubro 2020

Festa de Samaín

Chegou o Outono, e con el a caída das follas, a chegada das castañas, as landras, os cogomelos e o cambio de estación que celebramos coa festa do Samaín. Festa que se celebra dende a época dos nosos celtas e que nos indica o fin dunha etapa estacional. "A noite meiga" na que os lugares do noso entorno énchense de pantasmas, bruxas, vampiros... Tamén chamada Halloween.

 

 

 

 

 
Algo aconteceu nas clases de 5º e 6º...... QUE MEDO!!!!! 
 
 
 
 

Os bolechas e o 112

Os alumnos e alumnas de 3º de primaria tiveron a visita dos Bolechas para falarnos sobre o número 112. A importancia de saber o  número de asistencia á cidadanía ante todo tipo de emerxencia (sanitaria, de extinción de incendios e salvamento ou seguridade cidadá) 

 

Día das Bibliotecas

O Día da Biblioteca celébrase cada 24 de outubro desde o ano 1997. Este día naceu por iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil co obxectivo de concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento ao labor dos bibliotecarios/ as.

 

O noso alumnado gozou coas lecturas que temos expostas na biblioteca 

Menú ESCOLAR

 

 

 

 

Pincha na imaxe para velo máis grande



by Dr. Radut