Skip to Content

 

                           

Decembro 2019

Visita de Papá Noel

Estes días están sendo unha loucura  pero non podía faltar a visita de Papá Noel!

Todos os nenos e nenas falaron con el e pedíronlle os regalos que tanto desexan.  Estamos seguros de que se portaron tan ben que Papá Noel fará todo o posible para cumprir os seus desexos. 

 

 

 

 

 

 

Rei Melchor

E xa chegou o Nadal, ao cole tamén... así que o alumnado de 4º de Primaria aproveitando materiais de refugallo decidiron crear ao

Rei Melchor! 

 

Visita do Carteiro Real

Este mércores recibimos no cole a visita do Carteiro Real, entregámoslle un a un as nosas cartas para asegurarnos de que todas chegan as súas 

Maxestades os Reis Magos do Oriente

 

O Belén de Becerreá

 

O alumnado do CEIP San Xoán puido visitar, un ano máis, o minucioso Belén situado na nosa vila.  O Belén feito con todo mimo e luxo de detalles é obra de Olimpia e Manolo que ano a ano van aportando novas construcións e detalles.  Todo o alumnado de Primaria desfrutou da contemplación deste precioso Belén, bautizado como o Belén dos Ancares.

 

Este ano quedará exposto de forma permanente ata o día 6 de xaneiro na Carretera de Navia, fronte a oficina de Correos, estará aberto ao público en horario de tardes de 16:30-18:30, así que recomendámosvos que o vaiades ver porque merece a pena!

 

 

Picando na seguinte imaxe poderedes visualizar un vídeo onde veredes con máis detalle dito Belén 

Resultado de imagen de flecha hacia abajo"

Belén

Carteis Asociación As Candelas

 

En colaboración coa Asociación As Candelas os nosos

alumnos deseñan os carteis de Papá Noel e da Cabalgata

dos Reis Magos

 

 

Tedes adxunto os carteis en pdf

Recomendacións para o Nadal

 

En caso de non poder visualizar de xeito correcto a imaxe, podedes descargala no arquivo adxunto que atoparedes aquí debaixo. 

Cociñamos

Esta semana o alumnado de 6º de Educación Primaria meteuse na cociña do colexio para preparar un sobremesa...

A TORTA DA AVOA!

 

 

parece que estaba boísima porque non quedou nin un chisco!

Os 5 grupos de animais vertebrados

O alumnado de 5º de primaria, coa súa mestra Raquel, estudaron os cinco grandes grupos de animais vertebrados que hai.

Para exemplificalo debuxamos varios animais para cada categoría. Este foi o resultado!

   

   



by Dr. Radut