Saltar navegación.
Inicio

3º Ciclo

Actividades e novas do interese do 3º Ciclo

A viaxe de fin de curso de 3º ciclo

Se queredes estar ao tanto de todo o que acontece na excursión que realizaron os nosos compañeiros e compañeiras do 3º ciclo a Cantabria, podes ver as novidades no blogue do Rino Vicentino.

Xa temos nova mascota para o blog de educación física

Despois de un longo e duro proceso de selección de entre todas as mascotas elaboradas por alumnos/as do noso centro... xa temos representantre oficial do noso blog de educación física!

Coa axuda das vosas votacións finalmente resultou gañador o "Rino Vicentino", un super-rinoceronte futbolista que dende agora pasa a dar nome ao noso blog e ademais figura na barra esquerda da nosa web. Dende agora xa podedes visitar o sitio de educación física facendo click directamente nel.

Posta en marcha con éxito das I Xornadas de Convivencia Escolar.

Este Martes 22 tivo lugar a primeira sesión de ponencias das I Xornadas de Convivencia Escolar cun balance moi positivo. Por motivos técnicos foi necesario introducir no programa un cambio: Comezando pola temática dos "riscos de internet", polo que a vindeira semana terá lugar, no seu defecto, as charlas específicas sobre "acoso escolar.

As charlas impartidas por un Sarxento da Guardia Civil especializado en delitos telemáticos  foron ben

"As charlas do pasado luns supuxeron a estrea do novo equipamento da aula de audivosuais"

recibidas polos alumnos/as do 3º ciclo, quenes ademais demostraron saber e usar internet moito mais do que imaxinabamos. 

A charla orientada a pais e nais, pola contra, contaron cunha discreta asistencia resultando igual de interesante e reveladora. Ademais diso confirmounos a necesidade e responsabilidade dos adultos de involucrarnos nestes novos medios para poder educar aos cativos/as e previlos dos seus males.  

 


A CINCENTA

O pasado 2 de febreiro o 3º ciclo do Ceip San Vicenzo viaxaron ata Santiago para poder disfrutar dunha obra musical de ópera no Auditorio de Galicia.A interpretación de Cincenta correu a cargo dunha compañía teatral catalana.Foi unha experiencia extraordinaria, porque era a 1º vez que disfrutabamos dunha ópera dentro do programa de concertos didácticos que se veñen de realizar todos os anos.O día rematou cunha partida de bolos no centro comercial a máis dunha merendola.Unha xornada moi ben aproveitada. ¡Así da gusto!Sorinte

 

Os alumnos/as do 3º ciclo do CEIP SAN VICENZO visitan a Coruña

Os alumnos do 3º ciclo do CEIP SAN VICENZO disfrutan hoxe dun día de lecer na Coruña, visitando a fermosa torre de Hércules (declarada patrimonio da humanidade)  e tamén dunha sesión de patinaxe sobre xeo no Coliseum. O regreso terá lugar arredor das 4:30.FELIZ DÍA A TODOS/AS !

Obradoiro de Instrumentos Musicales

Ollade!

Os compañeiros/as de 6º participaron nun obradoiro de instrumentos musicais. Estes son algúns dos resultados obtidos...e soan bastante ben!!!

 



 

EXCURSIÓN DOS ALUMNOS DE 6º Á RIBEIRA SACRA

PASEO POLA RIBEIRA SACRA:ALUMNOS DE 6º

O VENRES, 12 DE XUÑO, ALUMNOS E PROFES FIXEMOS A EXCURSIÓN DE FIN DE ETAPA DESTES ALUMNOS NO CEIP "SAN VICENZO" FOI UN DÍA LONGO PERO PROBABLEMENTE INESQUECIBLE PARA TODOS.

PARTIMOS ÁS 7:OO DA MAÑÁ RUMBO A OURENSE, POR CERTO, PROVINCIA MOI DESCOÑECIDA PARA ELES.

DESPOIS DE PRETO DE CATRO HORAS EN AUTOBÚS, CHEGAMOS AO 1º DESTINO, EMBARCADOIRO DE SANTO ESTEVO, EN PARADA DO SIL, DICIR QUE OS ÚLTIMOS CATRO KILÓMETROS A MÁIS DUN/A  SE LLE PUXO UN NOÍÑO NO ESTÓMAGO, DEBIDO A BAIXADA "MOI ESPECIAL" DESE TRAMO.

 FACEMOS UNHA VIAXE DUNS DOCE KM EN CATAMARÁN, ADEMÁIS DE OBSERVAR ESTAS INCRIBLES PAISAXES, SE NOS FOI EXPLICANDO DE CAL FOI A ORIXE DESTE CANÓN, DA IMPORTANCIA DOS BANCALES PARA AS VIDES, DO MICROCLIMA QUE EXISTE NESTA ZONA E DA FAUNA E FLORA CARACTERIZADA POR ESTE MICROCLIMA.

Avergoñado TOCA AGORA FACER O ROTEIRO DE SENDEIRISMO, AQUÍ ENGANARÓNNOS, NON GUSTOU, EXCESIVAMENTE LONGA... SÍ, PARAXES PRECIOSAS, PERO...OS RAPACES DICIÁN QUE NON, QUE NON. O QUE SI AGRADECERON FOI O BAÑO QUE SE DERON AO REMATAR A ANDAINA PARA DESEGUIDO DEBORAR A COMIDA  NUN SANTIAMÉN.

Ver imagen en tamaño completo

 

CHEGA A HORA DE SUBIR POLAS PAREDES, ESTO DE ESCALAR!!! EMPEZARON MOI TÍMIDAMENTE, PERO PROBABLEMENTE POR ENVEXA AO FINAL TODOS FIXERON USO DO ROCÓDROMO.

 POR FIN A ACTIVIDADE POR EXCELENCIA, SEGUNDO ELES... CLARO, TODOS QUEDARON MARAVILLADOS CO PASEO QUE DERON A CABALO, CA BELEZA DOS CABALIÑOS...PERO COMA SEMPRE NON LLES CHEGOU A NADA. O TEMPO NON DEU PARA MÁIS.

TODOS DE NOVO AO AUTOBÚS, PARADA TÉCNICA POLO CAMIÑO E A 1:30 H. DA NOITE CHEGAMOS A VIMIANZO.

CREMOS QUE FOI UNHA BONITA EXCURSIÓN, SEMPRE HAI COUSAS QUE MELLORAR POR SUPOSTO, PERO PENSAMOS QUE FOI DIVERTIDA,  ENRIQUECEDORA E...CANSA.

 

 

 

Visita agalería de fotos

Opina no blogue.

CHARLA SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO PARA ALUMNOS DE 6º

ANTE A INFLUENCIA TAN PREXUDICIAL QUE O CAMBIO CLIMÁTICO ESTÁ A TER PARA O NOSO PLANETA, ESTASE PROCURANDO QUE TODOS NOS CONCIENCIEMOS E INTENTEMOS CAMBIAR "ESTE CAMBIO".

UNIÓNS AGRARIAS ACHEGOUSE AO NOSO CENTRO PARA MANTER UN CONTACTO CON ALUMNOS DE 6º, DONDE LLE EXPLICARON SOBRE O IMPACTO DO CAMBIO CLIMÁTICA NA PRODUCCIÓN AGRÍCOLA E FORESTAL, DEBIDO A UN CALENTAMENTO GLOBAL DO PLANETA.

COMENTÁRONLLE ADEMÁIS EN QUE CONSISTÍA O EFECTO INVERNADOIRO E QUE TIPO DE GASES ESTABAN A PRODUCIR ESTE EFECTO, FALÁRONLLE SOBRE O DIÓXIDO DE CARBONO, NITRÓXENO, OSÍXENO ETC.

TODA ESTA CHARLA ESTIVO ACOMPAÑADA CON UNHA EXPOSICIÓN DE PANEIS DONDE SE MOSTRABAN ESTES IMPACTOS, E TAMÉN CON GRAN VARIEDADE DE GRÁFICAS.

OS ALUMNOS/AS ESTIVERON MOI ATENTOS E IMPRESIONADOS DA GRAVIDADE QUE PODE CHEGAR A TER ESTE CAMBIO SE NON LLE POÑEMOS REMEDIO XÁ.

fINALMENTE CONTESTARON A UNHA SERIE DE PREGUNTAS QUE AS PONENTES LLES FIXERON E PROMETERON QUE PARTICIPARÍAN NUN CONCURSO RELACIONADO CON TODO ESTO.

RESULTOU UNHA ACTIVIDADE MOI INTERESANTE.

Ver imagen en tamaño completo

 

                  

Videoconferencia no Telecentro

O pasado Venres 15 de Maio os compañeiros do 3º ciclo acudiron ao telecentro para realizar unha actividade moi interesante.

Mantiveron unha "videoconferencia" con alumnos do colexio de Abegondo. 

A mais de 50 km de distancia, pero unidos por unha pantalla e unha conexión a internet, todos puidemos homenaxear a Ramón Piñeiro.

 

 

(ver mais fotos)

 

EXCURSIÓN DOS ALUMNOS 3º CICLO

 

(Fai click no bus para ver as imaxes)


 

Ben, xa pasou o día 3 de abril e polo tanto tamén a excursión realizada polos alumnos/as do 3º ciclo á Zona do Grove, conseguindo os obxectivos programados  con esta actividade extraescolar.

ChuloComenzamos  cunha viaxe en Catamarán pola ría de Arousa, sempre acompañados de guías ,que ademáis de disfrutar da paisaxe da ría, tamén se lles foi explicando a importancia das bateas de mexilóns, ostras e vieiras para a economía desta zona,unha das máis ricas de España en marisqueo. Rematada esta placenteira ruta pola ría, chega outra tan placenteira coma a anterior que é...COMER... todos/as o estabamos desexando, pois xa facía un tempo que os estómagos estaban dando alertas, pois ben comemos e disfrutamos ao aire libre, xa que ademáis o bo tempo nos acompañou.

SorprendidoDesprazámons hacia o Aquarium, tamén aquí contamos con guías dispostas a darlle aos rapaces/as. todo tipo de información sobre as diferentes especies de peixes que alí había, dende especies de pequeno tamaño ( lubinas, polbos, sargos...ata tartarugas, tiburóns, nutrias,e incluso unha foca) . Resultou unha actividade moi entretida e participativa onde respondían e facían todo tipo de preguntas ás guías.

De xeito totalmente particular penso, que se debería facer máis por modernizar este aquarium, xa que está nunha zona onde precisamente a variedade de especies non falta, sinceiramente pareceume un pouco anticuado nas súas instalacións.

Unha vez rematada esta actividade, dispoñémonos a subir ao autobús para realizar a última tarefa programada que foi:

BurlaO roteiro pola zona do complexo Ons- o Grove, cando chegamos xa nos estaban esperando dous guías, os cales recibiron aos rapaces con moita alegría e con gañas de que coñecesen esta zona protexida. Despois dun pequeno contacto comenzamos a camiñada de máis de 3km, onde a medida que iamos avanzando lles explicaban o tipo de flora que había, propia da zona litoral, ademáis da tan coñecida e tan perxudicial para a flora autóctona como é a unlla de gato,e ademáis dificil de extinguir.

En canto a fauna, poideron observar mediante prismáticos verdadeiras bandadas de mazaricos, ave tan típica deste litoral,de ahí a ruta dos mazaricos, así como algunha garza, gaivotas etc. Andando e andando chegamos ao final do roteiro, nova merendola. subida ao autobús e volta ao noso pobo.

Chorando E...chegamos a Vimianzo, cansos, moi cansos pero satisfeitos de pasar un día feliz.

Distribuir contido