Saltar navegación.
Inicio

Secretaría

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Ábrese o prazo para presentar solicitude para adquisición de libros de texto e material escolar.

https://www.edu.xunta.es/axudaplicacion/files/fondolibros/FNDLIB_MU_ManualCidadan.pdf

https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/70810

SECRETARÍA

PUBLÍCANSE AS LISTAXES PROVISIONAIS DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2019/2020, NOS SEGUINTES NIVEIS:

  • 4º DE ED. INFANTIL
  • 5º DE ED. INFANTIL
  • 2º DE ED. PRIMARIA

PARA VER AS LISTAXES PODEN CONSULTAR OS ANEXOS NESTE DOCUMENTO OU NA PORTA DE ENTRADA DO CENTRO.

LISTAXES DEFINITIVAS FONDOLIBROS

Publicamos as listaxes definitivas de fondolibros (3º, 4º, 5º e 6º de primaria).

 

LISTAXE PROVISIONAL DE FONDOLIBROS E VALES PARA LIBROS E MATERIAL

Publicamos as listaxes provisionais de admitidos no reparto do fondo solidario de libros de texto (3º, 4º, 5º e 6º de primaria).

Estas listaxes nada máis informan do número de libros concedidos no reparto. Hai dous días de prazo para reclamar.Transcurridos eses dous días se publicarán as listaxes definitivas, onde figurarán as referencias concretas dos libros que se conceden no reparto.

Tamén publicamos unha listaxe de admitidos para os vales para libros e material (1º e 2º de primaria) e dos vales para material (3º, 4º, 5º, 6º de primaria). O feito de non figurar nesa listaxe implica que quedaron excluídos por renda.

Eses vales poderán recollerse na secretaría do centro a partir de mañá ás 11:30 horas. O venres 29 de xuño a secretaría só estará disponible en horario de 10 a 11 horas. A semana próxima o horario será de 10 a 13 horas.

Os vales de libros e material so poden recollelos persoas maiores de idade, xa que deberán firmar a recepción dos mesmos.

Formalización de matrícula para o curso 2018 - 2019

O alumnado admitido no centro para o próximo curso 2018 - 2019, terá que formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño, en horario de 11.20 a 12.15 horas en días lectivos e de 10.00 a 13.00 horas en horario non lectivo.

A documentación que deberá cubrir é a seguinte:

- Impreso de matrícula.

- Enquisa de relixión.

- Autorización de recollida do alumno/a en horario escolar.

- Impreso de transporte escolar (se é o caso).

- Impreso de lingua materna (nenos que entran en 4º de Ed. Infantil)

- Permiso de uso de imaxe.

A maiores hai que aportar o seguinte:

- Certificado médico do alumno/a (feito polo pediatra).

- Dúas fotos tamaño carné.

- Certificado de empadroamento onde figuren todos os membros da unidade familiar (pídese no Concello).

- Fotocopia da tarxeta sanitaria do neno/a feita polas dúas caras.

 

Para o alumnado que precise comedor terán cubrir e entregar a solicitude, seguindo as seguintes instruccións.

 

Relación de libros de texto para o curso 2018 - 2019

Publicada a listaxe de libros de texto para o curso 2018 - 2019.

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2018/2019

 

Orde do 9 de maio de 2018 que regula a participación no fondo solidario e axudas para adquirir libros de texto e material escolar, destinado ao alumnado de educación primaria, educación secundaria obrigaroria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2018/2019, publicada no DOG núm. 95 de data 21 de maio de 2018

Prazo de presentación: ata o 22 de xuño de 2018.

Solicitude: Anexo I e II

Información completa: DOG núm. 95 de data 21 de maio de 2018

Información resumida aquí

 Data de publicación estimada de listaxes provisionais: 2 - 3 de xullo.

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2018/2019 - LISTAXE PROVISIONAL

Á vista de que o número de solicitudes de admisión non supera ás prazas ofertadas, todos as solicitudes están admitidas.

Ante esta resolución, poderase formular reclamación no prazo de 5 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

Se non existisen reclamacións, esta listaxe de alumn@s considerarase definitiva.

O prazo de formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño. Cando se aproxime a data, daremos máis información.

Admisión de novo alumnado para o curso 2018/2019

            Do 1 ao 20 de marzo ábrese o prazo de solicitude de admisión de novos alumnos no CEIP Plurilingüe San Vicenzo para o curso 2018/2019.

          A solicitude (procedemento ED550B), pódese recoller no centro educativo; cumprimentar e imprimir o anexo II , na aplicación admisionalumnado ou cumprimentar a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

            Acompañando á solicitude temos que presentar a seguinte documentación:

-       Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da familia se no formulario de solicitude denega a súa consulta.

-       Copia do documento acreditativo da idade do alumno (DNI, Libro de familia, Certificado de nacemento...)

-       Se un alumno cambia de centro debe presentar un certificado de matrícula do centro no que estea matriculado no curso 2017/2018 ou un documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo ou etapa.

-       Copia do convenio regulador ou disposición xudicial de separación ou divorcio, se fose o caso.

            A solicitude de admisión de alumnado poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillos comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.

            Nos demais casos, requírese a sinatura dos dous titulares, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles con carácter exclusivo, ou en situacións de violencia de xénero.

            Unha vez presentadas as solicitudes determinarase se hai ou non máis solicitudes que prazas vacantes. En caso afirmativo, abrirase o prazo para presentar documentación xustificativa dos datos do baremo (10 días hábiles a partir dos dous días seguintes ao remate do prazo da solicitude).

                  Lexislación do procedemento de admisión:

 

Prazas vacantes para o curso 2018/2019

Educación Infantil

Educación Primaria

4º Educación Infantil

25*

1º Primaria

1**

5º Educación Infantil

2

2º Primaria

1

6º Educación Infantil

6

3º Primaria

4

 

 

4º Primaria

2

 

 

5º Primaria

25

 

 

6º Primaria

24

 

* Reservaranse 3 prazas para atender a escolarización de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

    ** Reservarase 1 praza para atender a escolarización de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

 

PROCESO DE RESERVA DE PRAZAS CURSO 2018 – 2019

       O próximo xoves, 1 de febreiro ábrese o prazo para solicitar a reserva de praza do alumnado de 6º curso de primaria que vai cursar 1º da ESO no centro adscrito (IES Terra de Soneira). O prazo para facer a reserva será do 1 ao 15 de febreiro e pode realizarse elixindo unha das seguintes formas:

  • Cubrindo a solicitude que se mandará a casa e entregándoa na secretaría do centro (no CEIP San Vicenzo).
  • Cubrindo a solicitude online , imprimíndoa e presentándoa no centro.
  • Cubrindo a solicitude da reserva directamente na aplicación admisionalumnado

        O alumnado que NON vaia a realizar a matrícula no IES Terra de Soneira, deberá realizar a solicitude de admisión no centro ao que decida optar. O prazo para esta solicitude será do 1 ao 20 de marzo.

  • Cando os postos escolares dispoñibles no centro de adscrición sexan suficientes para satisfacer a demanda existente, publicarase no taboleiro de anuncios deste centro e do centro de orixe.

    Neste caso, a reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio de presentación de solicitudes de admisión.

  • Cando no centro de adscrición o número de postos escolares dispoñibles non sexa suficiente para satisfacer a demanda existente, comunicarase esa circunstancia ao alumnado afectado mediante a súa publicación no taboleiro de anuncios do centro de adscrición e do centro de orixe.

    O alumnado afectado deberá presentar a solicitude de admisión no centro de adscrición na forma e dentro do prazo establecido (do 1 ao 20 de marzo), e posteriormente presentarán a documentación xustificativa dos criterios de baremo.

 

Distribuir contido