Saltar navegación.
Inicio

Información xeral

ACTUALIZACIÓN DA INFORMACIÓN XERAL PARA AS FAMILIAS DURANTE O ESTADO DE ALARMA

PUBLICACIÓN DOS BOLETÍNS DE NOTAS DA 2ª AVALIACION:

A partír do venres día 3 de abril, as familias poderán ver os boletíns de notas da segunda avaliación a través da aplicación AbalarMOBIL. As indicacións para instalar a aplicación foron enviadas ás familias na segunda avaliación a través de unha circular á que poden acceder pinchando aquí:

 * As familias que teñan dificultades para instalala debido ao número de teléfono deberán comunicarllo aos titores para que informen ao equipo directivo e poder solucionalo.

AXUDAS DIRECTAS A USUARIOS GRATUÍTOS E SEMIGRATUITOS DE COMEDOR ESCOLAR:

O luns día 30 de marzo publicarase a Orde de axudas directas a usuarios gratuítos e semi-gratuítos (pago de 1 euro) de comedor escolar no Diario Oficial de Galicia. As axudas están destinadas a satisfacer unha compensación  de dous euros e cincuenta céntimos (2,50 €) no casos dos usuarios con gratuidade total e de un euro e cincuenta céntimos (1,50 €) nos casos  que teñen a obriga de satisfacer un euro (1 €) pola prestación do servizo de comedor. Os beneficiarios teñen ata o día 6 de abril para formalizar as peticións. As solicitudes poderán tramitalas as familias por vía electrónica no portal da Xunta de Galicia, ao que poden acceder a través do seguinte enlace: 

Para ter acceso á Orde con máis información prema no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsanvicenzo/system/files/ORDE_do_27_de_marzo_ALERTACOMEDORES

No seguinte enlace pode atopar a información resumida e que recolle as preguntas máis habituais. No punto 7 recóllese como é o procedemento para tramitar a axuda:

Para atender dúbida ao respecto atenderémolos no teléfono do centro 881 866 532 en horario de 10:00 a 12:00 h ao longo desta semana. Non se atenderá de forma presencial.

CARTA ÁS FAMILIAS:

No seguinte enlace poden acceder á circular, elaborada polo Claustro, onde informamos ás familias sobre como consideramos que debemos actuar ante a difícil situación que estamos vivindo e como podemos colaborar para ofrecerlles asesoramento e apoio escolar, tendo en conta os medios cos que contamos no noso centro:

Prema aquí:

 

* Na publicación que lle segue a esta seguiremos actualizando os contidos achegados por cada mestre para as distintas áreas. As actualizacións engadiranse nos espazos creados para os grupos e especialidades a modo de enlaces.

 

RECOMENDACIÓNS PARA TRABALLAR NA CASA DURANTE O PERIODO DE COFINAMENTO

A continuación deixámoslles as indicacións de cada mestre para os distintos cursos. Así mesmo dende o centro recomendámoslles ás familias que, dentro do posible, manteñan as rutinas da semana: levantarse, vestirse, almorzar e facer as activiades propostas, co fin de que os nenos/as manteñan uns hábitos e sexa máis levadeiro para todos a estancia na casa. Ademais co mantemento de rutinas e horarios será máis fácil voltar de novo ao cole.

De maneira xeral, as indicacións que vos trasmitimos son recomendacións e repasos principalmente, para que non perdan o aprendido ata o momento e o reforcen. Non serán contidos avaliables. Recomendamos distribuir os traballos ao longo destes días, para que todos os días fagan algo, e que dediquen tempo á lectura.

A medida que teñamos suxerencias e indicacións novas irémolas actualizando nesta publicación no apartado adicado para cada curso e especialidade. Poden acceder aos  contidos pinchando nos enlaces seguintes:

 

EDUCACIÓN INFANTIL:       

          
 
 
1º EP:             
 
Proposta de Traballo 2ª Quincena (23 -3-2020)  
 
  Enlaces a os cuadernos de reforzo de lingua, lengua e matemáticasdo 2º trimestre de 1º E.P :  
 
3º EP:                      
 
Proposta de Traballo 2ª Quincena:

Proposta de Traballo 1ª Quincena: 

 
4º EP:                   
 
Enlaces cadernos santillana:
Proposta de Traballo 2ª Quincena (23 -3-2020)
 

Proposta de Traballo 1ª Quincena (16-3-2020)

        
 
5º EP:          
           
Cadernos de Actividades Santillana:
Proposta de Traballo 2ª Quincena

Proposta de Traballo 1ª Quincena

 
 
CONTIDOS DE INTERESE XERAL PARA DISTINTAS IDADES:
 
* RECURSOS DE AUDICIÓN E LINGUAXE:
 

LISTAXE DO ALUMNADO PROCEDENTE DE CENTROS ADSCRITOS

Publicada no taboleiro de anuncios do centro a listaxe definitiva de alumnado procedente de centros adscritos. Reserva curso 2020/2021.

RESERVA DO ALUMNADO PROCEDENTE DE CENTROS ADSCRITOS

Publicada, dende o día 18 de febreiro de 2020,no taboleiro do centro a listaxe de alumnos/as de centros adcritos con solicitudes de reserva de praza.

VACACIÓN DE ENTROIDO

Dende o CEIP Plurilingüe San Vicenzo de Vimianzo informámolós de que as clases, despois das vacacións de Entroido, se reanudarán o vindeiro xoves 27 de febreiro.

CARREIRA SAVE THE CHILDREN

Con motivo da celebración do Dia da Paz organizamos,como outros anos, a carreira solidaria de Save the Children. Este ano o colexio recadou 772,20€ que foron ingresados como donativo.Gracias a todas as familias pola súa colaboración nas achegas!

 

22 DE XANEIRO FESTIVO LOCAL

Recórdase ás familias que mañán día 22 de xaneiro non haberá clases por ser festivo local.

SUSPENSIÓN DE CLASES POR ALERTA XOVES 16 DE XANEIRO 2020 A PARTIR DAS 12:00

Ante novo aviso de alerta e posibilidade de inundación do centro SUSPENDENSE AS CLASES O XOVES 16 DE XANEIRO DE 2020 a partir das 12 da mañan. O alumnando que se despraza en bus será levado ás paradas correspondentes polo que se prega ás familias que estén atentas,a partir das 12 empezarán a chegar. As familias que teñen que recoller aos nenos no centro poden vir a recollelos. Darase tamén aviso a través do teléfono.

 

ALERTA POR CHUVIAS DE MÁIS DE 90 L/M2 XOVES 16 DE XANEIRO 2020

Infórmase que segundo a alerta meteorolóxica (aviso da Policia Local/ Protección Civil) espéranse chuvias de ata 90l/m2. Prégase ás familias que estén atentas ante a posibilidade de inundación do colexio ao longo da mañan, polo que poden ter que vir recoller aos nenos/as. As clases non foron canceladas polo momento. As familias poden tomar as decisións que consideren oportunas no relativo aos seus fillos.

DÍA DO ENSINO

O día 31 de outubro non haberá clase por ser o DÍA DO ENSINO, concedido pola Consellería de Educación.

Distribuir contido